Preferente: O Sofán ratifica o seu pase á promoción

Fotos do partido ante o Lalín da SD Sofán

Non pasou do empate sen goles na casa ante o Lalín, rival directo, pero o descenso do Compostela seerviulle á SD Sofán para ratificar, cunha xornada de marxe a súa presenza na promoción de ascenso á 3ª RFEF. O descenso do equipo compostelán á 3ª RFEF impide ascender ao seu filial, o Sigüeiro, polo que a pesar de estar na 3ª praza, non poderá ir ao playoff. Deste xeito, o 6º tamén irá a playoff.

O cadro carballés, celebra un domingo espectacular, no que tamén corroborou o ascenso do filial á Liga da Costa.

Sofán - Lalín (0-0)

  • Sofán: Brais Gómez; Iván, Becerra, Álex, Braian; Pablo Parafita, Fabián; Alexandre, Iván Parafita, Paulo e Eloy Díaz. Tamén: Gardu, Javi, Dani Pena, Dani, Montero, Javito e Martín.

Non pasou do empate o Sofán na casa ante o 6º clasificado, pero visto o visto, máis que positivo, mantendo a 4º posición.

O partido estivo marcado polas expulsións de Paulo no m.50, que impediu que o equipo arriscase algo máis na segunda metade, e as tamén vermellas directas a Iván e Pablo Parafita no m.8, deixando o equipo con 8 sobre o céspede no desconto.

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info