Xaco da UD Monte Louro: “En Louro sempre van estar as portas abertas a calquera tivo de acto solidario”
- “É moi positivo facer estes partidos, porque as rapazas do norte e do sur da Costa fan boas amizades”
Xa falamos coa familia da SD Ponteceso sobre o partido Solidario celebrado no Pinguel. Quedábanos pendentes falar coa directiva da UD Monte Louro sobre a festa do FUTFEM en favor da Asociación Galega de Ataxias vivida en Agra da Filgueira o 30 de decembro.
Antes de nada, enviamos dende aquí unha aperta enorme a toda a familia loureá polo pasamento dun histórico directivo Pepe de Villar, que deixa orfa a taquilla do campo.
Agradecemos ese traballo na sombra que fai a directiva do UD Monte Louro, a eses Grelo (presi), Xaco, Edu Olveira, Vicente, Moncha, Fernando, Carlos, César e Carlos Verán, que tan nos axudaron a desenvolver con éxito o partido. E facemos extensible este agradecemento a todas as directivas do fútbol da Costa, por suposto.
E sen máis, lanzámoslle unhas preguntas a Xaco, o responsable de relacións institucionais desta completa directiva, unha familia tremendamente agradecida e traballadora, desas coas que dá gusto facer eventos.
- Que valoración facedes desde o Club tras o partido Solidario?
A valoración é moi positiva. Certo que había destas en Louro con actividades para os nenos durante toda a tarde e se cadra non houbo tanta xente como esperabamos pero foi unha actividde moi positiva e nós sempre estamos para axudar no que faga falta.
- Gustouvos ver a Selección QPC feminina competir no voso campo? Credes que deberían xuntarse máis veces na tempada?
A nós encantounos. Xa só por ver equipos femininos, ao non dispoñer del, é un aliciente e para que as rapazas da nosa contorna vaian collendo afección e para ver se nun futuro nós podremos contar cun equipo feminino.
Cremos que en datas sinaladas, paróns… sería moi positivo, porque é bo para as rapazas relacionarse, e que as rapazas do norte e do sur vaia facendo amizades. E a nivel das directivas tamén é moi bo. Encantounos recibir presidentes e directivos doutros equipos.
- Volveriades a acoller un evento de QPC ou davos moito choio?
Nós sempre que sexa algún evento de QPC, ou algún evento solidario ou que sexa, sempre intentamos de axudar no límite das nosas posibilidades. Para nós nunca é demasiado traballo, vendo o nivel das enfermidades como ataxias, ou o ELA, naque tamén colaboramos. En Louro sempre van estar as portas abertas a calquera tivo de acto solidario.