Mércores. 01.05.2024
El tiempo

FSF: Eva e Patri confírmanse como referencias na máxima categoría

FSF: Eva e Patri confírmanse como referencias na máxima categoría
Eva e Patri no Viaxes Amarelle

Volvían á competición os equipos femininos de Fútbol Sala da Costa da Morte. Con resultados dispares para uns e outros, nas diferentes categorías. E hoxe destacamos a presencia das costeiras na máxima categoría co Viaxes Amarelle. Patri e Eva xogaron de titulares, conseguiron a vitoria e se Eva fixo un gran partido na portería e Patri ata marcou!

Perdoou o Fisober da 2ª Estatal e acabou pagándoo ante un rival directo por evitar o descenso, pechando na casa así unha mala primeira volta. As costeiras quedan na penúltima praza con tan só 4 puntos, a 3 do propio Mora FS.

Xa na Provincial, empate in extremis do Lira na Vila de Cruces, e nova derrota do filial do Fisober. O Vila de Cee acadaba un xusto empate pero que soupo a pouco ás ceenses, que quedan na 5ª praza, con 17 puntos, xa moi lonxe das 3 de arriba.
Precisamente no podio atopamos a un Ponteceso FSF que segue ao seu, e sumaba unha nova vitoria ante o Troula que a mantén na 2ª praza, con 27 puntos, empatado co Viaxes Amarelle B e a só 3 do líder, o BeArt Coruña.
As da Provincial descansan a vindeira semana.

2ª Divisiona Estatal, xornada 12

Partido do Fisober
  • Resultado; FISOBER F.S.F. – C.D.E. MORA (0-2).
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Noelia e Myrella; tamén xogaron: Mai e Raquel.
  • Goles: Con 0-0 chegouse o descanso; 0-1 Tere, 0-2 Laura.

Partido disputado na tarde noite do sábado cun bo número de público en Vimianzo co que as da Costa pechaban a primeira volta como locais. O Fisober realizou unha gran primeira metade pero non foi quen de adiantarse, o que perdoa sole pagalo e pagouno caro mediada a segunda cando Tere adiantou as toledanas.

Era un partido vital para ambos equipos que chegaban igualados na parte baixa da clasificación. Resaltar que a pesar da intensidade e importancia do encontro foi un partido moi deportivo. Saíron moi concentradas as costeiras e con moitas gañas o partido, pola súa banda as visitantes esperaban en media pista tentando enlazar algunha contra.
Froito do empuxe local chegaban as primeiras ocasións pero sen acadar un merecido premio que as puxera por diante. A pesar de non ter éxito non desistían. Ana, Noelia, Raquel ou Inés tiñan boas ocasións pero ou a falta de acerto ou a porteira visitante facían que o resultado non se movera.
Co paso dos minutos as toledanas fóronse desperezando do dominio local e chegaban de vez en cando con perigo ante a porta das da Costa pero Leti era quen de solventalas. Gran primeira metade do Fisober, multitude de ocasións pero resultado gafas o tempo de lecer.

O arranque da segunda metade xa foi máis igualado, e o dominio local xa non era tan claro. Agora as ocasións eran por ambos lados e as porteiras tomaban máis protagonismo se cabe. Ata que Arriscou e tivo algunha que outra ocasión, pero tamén concedía cada vez máis. Pasaban os minutos e o gol da igualada non chegaba. Froito de asumir riscos chegou a quinta falta local, a espada de Damocles dos dobres penaltis cernía sobre elas. Algo que chegou a minuto e medio para o fin cando un dobre penalti o borde do área era transformando por Laura para pechar o partido. O último minuto e medio foi un querer e non poder local, que vía como se lle escapaba un partido no que mereceu moito máis.
A vindeira semana toca visitar Alcorcón para pechar a primeira volta.


Liga Provincial, xornada 13

  • Resultado: As Cruces FSF - Concello de Carnota Lira (5-5)
  • LIRA FSF: Lia, Inés, Alba, Bárbara, Sandra e María.
  • Goles: 0-1: Bárbara; 0-2: Bárbara; 0-3: Alba; (descanso); 1-3; 2-3; 3-3; 4-3; 5-3; 5-4: Sandra; 5-5: Sandra.

Partido moi complicado o que nos tocaba xogar en Vila de Cruces xa que debido as moitas baixas que tiñamos asistían con só 6 xogadoras. Na primera parte o partido foi do conxunto liracho rematando cunha vantaxe de 0-3 por dous goles de Bárbara e un de Alba.
Na segunda parte o equipo das Cruces saíu a por todas e a falta de 3 minutos para rematar o encontro déranlle a volta ao marcador póndose 5-3. Pero as lirachas non deron todo por perdido e foron en busca de recuperar o partido marcando Sandra o 5-4 faltando 2 minutos. Xa nos últimos segundos, nunha falta cerca da portería das Cruces, Sandra tira a falta e rebota nas xogadoras contrarias, pero remata o rechace marcando o 5-5 no mesmo momento en que sonaba o final do encontro.

Un punto que sabe doce, e que deixa ás lirachas 9ª con 15 puntos, e moita vantaxe sobre as de abaixo.

O sábado ás 17:00h, a pesar de que hai xornada de descanso na Liga Provincial, as Roxiñas xogan no Pavillón das Lamas o partido aprazado contra o Viaxes Amarelle C.


Liga Provincial, xornada 13

  • Resultado: Troula F.S. - Concello de Ponteceso FSF (1-4).

Liga Provincial, xornada 13

  • Resultado: FSF Vila de Cee - A Baña (2-2).
  • Vila de Cee: Carla, Alba, Adriana, Andrea e María. Tamén: Sandra, Marta, Serena, Amanda e a infantil Lucía.

Volveuse das vacacións do Nadal, e o FSF Villa de Cee, xogou a última xornada da primeira volta, recibindo así A Baña na súa casa e acadando un empate que sabe a pouco.
Parece que non lles sentou moi ven as vacacións do Nadal as ceenses, pois saíron a pista bastante descentradas e lonxe do seu xogo o cal nos teñen acostumbrados. Adriana consegue marcar o primeiro gol, pero A Baña, lexos de renderse plantou un bo partido defensivo saíndo con contras peligrosas, o cal lle valeu para conseguir remontalo partido e adiantarse no marcador.

Non era o dia das ceenses, as cales non souberon como romper a defensa plantada polo equipo contrario, e tan só conseguiron empatar o partido. As estrelas esta semá son 3* para a capitana Adriana, polo coraxe e as gañas mostradas, 2* para a porteira Carla, e 1* para a Infantil Lucia, pola sua primeira convocatoria co primerio equipo.

Liga Provincial, xornada 13

  • Resultado: Viaxes Amarelle C - Fisober “B” (7-0).
  • FISOBER B: Anabel, Andrea Muíño, Tamara, Laura e Alejandra; tamén xogaron: Andrea Piroja, Paula Fandiño e Nuriña.
  • Goles: 1-0 Marta , 2-0 Lía, 3-0 Paula, 4-0 Goretti, 5-0 Lía, (descanso) , 6-0 Ana, 7-0 Aida.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de San Francisco Javier de A Coruña co que se poñía fin a primeira volta. Como ben indica o resultado o partido non tivo moita historia e o filial do Amarelle levouno con bastante comodidade. O arranque do mesmo foi premonitorio, xa que os cinco minutos case finiquitaran o partido as locais con tres goles obra de Marta, Lía e Paula. As locais eran un vendaval e as visitantes achicaban como podían, sen apenas poñer en apuros a porteira local. Así mediada esta primeira metade Goretti facía o cuarto e chegando o remate era Lía a que facía o quinto co que se chegaba o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios o partido perdeu ritmo, pero as visitantes seguían sen poñer en apuros as locais. Unhas locais que aínda foron quen de marcar dous novos goles nos últimos minutos de partido, obra de Ana e Aida, pechando cun resultado contundente un partido no que foron moi superiores.


1ª División Estatal, 13ª Xornada

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - FSF Gironella (5-2).
  • Viaxes Amarelle FSF: Eva, Lidia Mesías, Patri, Cris, Dolo (cinco inicial), Laura Tesouro, Noe, Espi, Tati.
  • Goles: 1-0 Berta (propia porta) (min. 2); 2-0 Cris Oreiro (min. 4); 2-1 Claudia Pons (min. 26); 2-2 Berta (min. 32); 3-2 Lidia Mesías (min. 32); 4-2 Patri (min, 33); 5-2 Laura Tesouro (min. 37).

O Viaxes Amarelle FSF conseguiu na tarde do sábado unha importante vitoria ante un rival directo, o FSF Gironella, por un marcador de 5-2. O partido empezou cómodo, pero na segunda parte as visitantes conseguiron poñer as táboas, pero as xogadoras de José Carlos Martín, Chipi, souberon reaccionar e alzáronse cos tres puntos ao impoñerse por un marcador de 5-2, con goles de Cris Oreiro, Lidia Mesías, Laura Tesouro e Patri. Volvía marcar a vimiancesa Patri, e a tamén costeira Eva parece que se afianza na portería das herculinas.

En conclusión, bo partido do cadro herculino que consegue a súa terceira vitoria da tempada e suma así nove puntos, que sumado ás derrotas de Tecuni Bilbo FS e Lacturale Orvina, fan que as herculinas saian fose dos postos de descenso esta xornada.
O Viaxes Amarelle FSF sae fóra dos postos de descenso grazas á vitoria desta sábado e o próximo fin de semana visitará a complicada cancha do Envialia Ourense FSF, para intentar facer un bo papel ante un rival complicado. O partido o vindeiro sábado 17 de xaneiro de 2015 ás 17:00 horas no Pabellón Municipal de Vos Remedios (Ourense).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.

Comentarios