Venres. 03.05.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: Un campión e dous por decidir

Liga FS Carballo: Un campión e dous por decidir
Futsal Carballo-Cerveceria O Pazo-Agora-Foto-David Castro

O Cervecería Troula dá un golpe na mesa e colócase líder en solitario na Liga Concello de Carballo logo da súa vitoria sobre o Tasca A Cunca-Supermercado C&M (1-3). Outro dos favoritos, como é o Carnicería Eusebio caíu ante o Asesoría Suárez por un axustado 1 a 2, con este resultado o equipo larachés métese de cheo na loita polo título. No outro partido da xornada, o S2 Informática sumou os seus tres primeiros puntos tras vencer por 3 a 2 a un Construccións Maracaná, que aínda non sumou.

Futsal Carballo-Construccions Brandon - Asesoria Cervantes-Foto-David Castro

Na Liga AD Xiria xa temos campión, logo de que os pontecesáns do Cervecería O Pazo vencese ao Cervecería Ágora por un axustado 3 a 2. O Construccións Brandón alcanza a terceira posición tras remontar ante un Asesoría Cervantes que desperdiciou dous goles de vantaxe (5-2). Mentres tanto, o Alicatados Señarís segue sin puntuar logo de caer goleado ante o Bodegón Trincado (1-7).

Na competición que leva o nome do Cervecería Beos, parece que todo se decidirá na última xornada cando se enfrontarán os dous de cabeza. O Brasería Caracola e o Talleres Sousa-Rte. Seiruga voltaron a vencer e fixérono goleando ao Mesón do Pulpo (7-0) e ao Cafetería Habanos 79 (6-1), respectivamente. O Deportes San Remo é terceiro logo de superar ao Mar de Menta por 3 a 0. E no outro partido da xornada o SAT Xulián sumou os seus primeiros tres puntos da competición tras superar ao Dluxe Carballo por 2 a 4.

Crónica da semana: Cervecería O Pazo - Cervecería Ágora (3-2)

Cerveceria O Pazo-Agora-Foto-David Castro
  • Cervecería O Pazo: David, Dieguito, Martín, Rubén e Manuel.
  • Cervecería Ágora: Añón, Javier, Campos, Héctor e Óscar. Tamén xogaron: Javi, Sanjurjo, Edu e Periscal.
  • Goles: 1-0, min.19: Dieguito saca un potente lanzamento que sorprende a Añón. 1-1, min.22: Javi sorprende a David cun lanzamento cruzado. 2-1, min.23: Contragolpe levado por Martín que finaliza Manuel. 3-1, min.34: Manuel marca a pracer tras un pase de Dieguito. 3-2, min.40: Campos aproveita un mal rexeite da defensa para bater a David.

Partido con moita tensión debido a que estaba en xogo o título de liga. Mentres que os pontecesáns tiñan a súa primeira oportunidade de proclamarse campións, os rapaces do Ágora non querían perder as opcións de pelexar polo campionato.
Comezaría avisando o Pazo por medio dun dos seus xogadores máis activos, pero Añón con dificultades salvaría o gol de Dieguito tras unha xogada individual. Minutos despois, Manuel finaliza unha contra que envía o porteiro visitante a córner. A estas ocasións respostaría o Pazo con tres ocasións casi consecutivas pero primeiro o pau e logo David en dúas ocasións evitarían os tantos de Sanjurjo, Periscal e Héctor, respectivamente. E cando peor o estaba pasando o equipo amarelo, chegaría o tanto de Dieguito que sorprende a Añón cun potente lanzamento lonxano. E co 1 a 0 no instantáneo chegaríamos ao descanso.

Á volta dos vestiarios, Edu avisaría das intencións do Ágora cun potente lanzamento que salva David cunha gran intervención. Pero un minuto despois Javi sorprendería ao porteiro pontecesán cun lanzamento cruzado para poñer o empate. Duraría pouco a alegría no Ágora xa que na seguinte xogada Manuel supera ao porteiro visitante logo de finalizar unha contra levada por Martín, quen sería protagonista un minuto despois cando está a piques de sorprender a Añón cunha vaselina que se vai rozando o longueiro.
Héctor en dúas ocasións tivo o empate nos seus pés pero non foi quen de facer gol., no minuto 28, Manuel salva in extremis o gol do xogador do Ágora e pouco despois David rexeita un lanzamento a bocaxarro do propio Héctor.
E no minuto 34, Manuel fai o 3 a 1 tras bater a Añón a pracer logo dun pase de Dieguito, tanto que dou a tranquilidade aos pontecesáns. Co tempo casi cumprido, Campos fixo o definitivo 3-2 tras aproveitar un mal rexeite da defensa de O Pazo.

Dende o equipo de QPC queremos darlle a noraboa ao Cervecería O Pazo polo campionato acadado a falta de dúas xornadas para o remate da liga.

As táboas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios