Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria

O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria
O Fisober estreou o Pavillon de Dumbria A infantil Marta Lijo estreouse co Fisober B

O Fisober xogaba en Dumbría, debido a que en Vimianzo se celebraba a concentración de palilleiras, e acadou a terceira vitoria da tempada ante o Flavióbriga cántabro, como previa da visita o intratable líder Bilbo da próxima semana. Polo de pronto se colocan 5ª na táboa.
E atentos, que dende Dumbría xa dixeron: "Non van querer volver a Vimianzo!!" i é que as pedazos de instalacións recentemente modernizadas do Conco son verdadeiramente impresionantes.

Non puido completar a tarde máxica o filial, que caía ante o Grupo Work por 3-5, nun partido no que a nota máis positiva do partido para o filial do Fisober foi o primeiro gol na Liga Provincial da infantil María Lijó. Ademais do gran ambiente entre os dous equipos cheos de xuventude, claro.
Ademais, tamén na Liga Provincial, o FSF Villa de Cee caía pola mínima ante o Espartanas, unha derrota que así e todo sabe relativamente ben nas ceenses que comprobaron que, malia non ter sumando aínda a súa primeira vitoria, poden competir.
Ademais, o Concello de Ponteceso FSF caía ante a potente A Fervenza Be queda xa na zona media baixa.

2ª División Estatal

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – FLAVIÓBRIGA (7-2).
  • FISOBER: Eva, Patri, Ana, Noelia e Myrella; tamén xogaron: Elsa, Nuria, Olalla, Raquel e Anabel.
  • Goles: 1-0 Patri, 1-1 Cyntia , 2-1 Nuria, 3-1 Raquel; (descanso), 4-1 Nuria, 5-1 Patri, 6-1 Elsa, 7-1 Elsa, 7-2 Paula.

O Fisober levou o dominio dun encontro no que as visitantes esperaban en media pista na busca de algunha contra que lles servira para chegar o gol. Ós tres minutos xa era Patri a que facía un primeiro gol que puña en ventaxa as locais.
A pesares do dominio debían ter coidado a contra visitante e así foi, xa que os seis minutos un balón longo chegou a visitante Cyntia que lanzaba e tralo rexeite nunha xogadora local igualaba o electrónico.
As da Costa non desesperaron con ese gol e continuaron co dominio sobre a porta visitante. Así foi como Nuria os nove minutos acadou o segundo gol do Fisober e voltou a poñer en vantaxe as súas.
Tan só dous minutos despois era Raquel a que facía o terceiro gol para as da Costa, poñendo un colchón de dous goles sobre as rivais.

O Fisober sen realizar un bo xogo, chegaba unha e outra vez sobre a porta rival e percutía unha e outra vez sobre o portal dunha inspirada Claudia que estaba evitar un resultado maior. Ocasións de toda clase para case todas as xogadoras do Fisober e incluso dous tiros o pau de Ana.
As visitantes apenas puñan en dificultades a unha Eva que debía estar atenta as posibilidades de balón largo ou algunha esporádica contra. Parecía incrible que non se chegara cun resultado maior o tempo de lecer.

Un tempo de lecer que non lles sentou nada ben o Fisober. A volta de vestiarios seguiu dominando a un Flavióbriga que seguía esperando no seu campo as súas opcións, pero as locais saíron sen a tensión que tiñan na primeira metade.
Iso mostrouse no xogo xa que nin lles creaban , nin apenas crearon ocasións nestes primeiros minutos da segunda metade, parecían contaxiadas polo ritmo das visitantes.
Mediada esta segunda metade parece que espertaron algo as xogadoras do Fisober e tentaron voltar a impoñer un certo ritmo o partido e pechalo definitivamente.
As ocasións chegaban pero nin no número nin ca claridade da primeira metade aínda así o resultado seguía a ser perigoso, un gol podía igualar o partido demasiado. A ocasión máis destacada foi un lanzamento o pau da local Myrella.

Todo cambiou cando a cinco para o fin Nuria poñía o catro a un e mataba definitivamente o partido. Parece que todo o que non quixo entrar antes ia entrar agora. Xa que a catro para o fin Patri facía o quinto. E solo un minuto despois un lanzamento de Elsa golpeaba nunha rival e facía o sexto. E con puntualidade Suiza un minuto despois a mesma Elsa facía o sétimo gol local.
A piques de chegar o último minuto un lanzamento lonxano da visitante Paula sorprendía a porteira local Anabel que estaba a xogar os seus primeiros minutos en Segunda División.
Co sete a dous definitivo chegouse o final dun partido que o Fisober dominou de principio a fin pero no que non acadou o seu mellor xogo.

Dende a directiva do Fisober Concello de Vimianzo queren agradecer a colaboración do Concello de Dumbria, que cedeu as súas instalacións para poder disputar os partidos.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER “B” F.S.F. – GRUPO WORK (3-5).
  • FISOBER B: Martina, Noelia, Paula Fandiño, Andrea e Laura; tamén xogaron: Inés, Alejandra, Natalia, María Lijó e Anabel.
  • Goles: 0-1 Sandrita, 0-2 Patri, 0-3 Laura, 1-3 María Lijó, (descanso), 1-4 Carmen, 1-5 Carmen, 2-5 Andrea, 3-5 Paula Fandiño.

O filial do Fisober xogaba en Dumbría , debido a concentración de palilleiras que se celebraba en Vimianzo, e caeu ante un Grupo Work que dominou o partido e gañou con todo merecemento. Xa dende os primeiros minutos se veu que o Grupo Work ia levar o peso do partido e así foi. A pesares do dominio o principio non creaban demasiadas ocasións, había un certo temor entre os contendentes. Ata que os sete minutos un lanzamento de Sandrita supuxo o primeiro gol para as visitantes.
As locais non se sentían cómodas no partido e non eran capaces de sacarse de encima o dominio dun equipo visitante que combinaba ben.
Así ós dezasete minutos era a visitante Patri a que facía o segundo gol para o Grupo Work e compricaba moito o partido as locais. Unhas locais que peor quedaron cando solo un minuto despois Laura aproveitaba unha contra para facer o cero a tres.

O filial do Fisober estaba moi lonxe do seu mellor nivel, desconectado polo gran xogo do Grupo Work e tamén polos seus propios erros. Aínda así a catorce segundos para chegar o tempo de lecer a infantil María Lijó adiantábase a porteira visitante e facía o primeiro gol para o seu equipo, dando unha esperanza para as locais de cara a segunda metade.
Pouco lle durou a esperanza , xa a volta de vestiarios no primeiro minuto Carmen facía o cuarto gol visitante.
As visitantes seguían co dominio e as ocasións ante unhas locais desconcertadas. Máis aínda cando un erro de concentración local era de novo aproveitado por Carmen para facer o quinto.

Os adestradores locais Jemisa e Mauro, decidiron darlle un toque de atención as súas xogadoras, fóronse as catro que estaban no campo e entraron as catro do banco.
E parece que funcionou, mellorou a intensidade defensiva do equipo que pareceu que por fin se enchufaba de novo o partido. Co paso dos minutos as locais aumentaban o ritmo e as visitantes fórono baixando.
Así a cinco para o fin unha combinación en ataque local acababa co gol de Andrea. E cando se entraba nos tres últimos minutos foi Paula Fandiño a que fixo o terceiro.
Pero xa era demasiado tarde e a vitoria foise de forma merecida para o Grupo Work que realizou un gran partido. Das derrotas tamén se aprende e iso é o que debe facer as xogadoras do filial do Fisober.

Liga Provincial

Comentarios