Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Só Castriz e Zas dan un paso

2ª Autonómica: Só Castriz e Zas dan un paso
Buno-Outes-Foto-David Castro

7 equipos comandaban a clasificación a semana pasada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, e só conseguiron a vitoria e se manteñen no liderato. O Castriz sufría a o último suspiro para superar a un aguerrido Seaia, mentres o Zas amosábase moi firme ante un frouxo Cee. Os que non puideron seguir o ritmo foron o propio Cee; o Buño, que caía ante un Outes que vau espertando; o Mazaricos e San Lorenzo, que asinaron un xusto empate que os mantén arriba; e o Volantes, que sucumbría tras unha mala segunda metade ante o Baíñas.

Por abaixo, o Camariñas lograba a súa primeira vitoria no derbi ante un Camelle que queda de pechacancelas sen sumar aínda. O Montelouro estreaba o taboleiro de puntos ao empatar co Cabana, e o Carnota conseguía os seus primeiros 3 puntos nunha xornada cun debut importante.

Cee - Zas (0-3)

Cee-Zas-Foto-Paula
  • CEE: Parroto, Joserra (Chiru, min.60), Jacobo, Piquero (Aitor, min.77), Jorge, Tebo, Cristian Hidalgo, Josiño (Sergio, min.55), Penedo, Bruno e Leo (Andrés, min.65).
  • ZAS: Anxo (Tívoli, min.78), Oli, Pereiro (Fabián, min.78), Josito, Vecino (Martín, min.77), Canedo (Manu, min.75), Peque, Abel, David Blanco, Rubio e Dani (Pablo, min.72).
  • Goles: 0-1, min.20: Josito nunha xogada de estratexia nun córner; 0-2, min.69: David Blanco a pase de Canedo; 0-3, min.71: David Blanco de penalti.
  • Expulsión: o ceense Sergio no min.70.

Era un dos partidazos da xornada e o Zas gañoulle a partida ao Cee, que pagou de novos os erros de falta de concentración. Comezaronos de Rafa Suárez moi fortes, moi intensos, entrando por banda, sobre todo por medio de Burno, metendo atrás a un Zas que se soubo defender, e iso que a primeira xogada de perigo era para David Blanco, que non chegaba a un pase da morte de Abel. Varias ocasións ceenses non remataban en gol, pero nun córner, a pizarra de Iván Cancela xurdiu efecto e o Zas se metía por diante. A partir de aí o Zas controlou os tempos do partido, máis concentrados, mellor colocados xa, ante un Cee que perdeu a inte.

Co 0-1, tivo o Cee o empate pero o remate de cabeza de Bruno algo frouxo e parou Anxo. Estirouse o Cee e o Zas facía moito dano á contra.

Comezaba a segunda cunha fermosa vaselina de Rubio que saía rozando o poste. O Cee seguía intentando atacando moito, pero cada contra do Zas creaba perigo. De feito, David Blanco aproveitaba un pase de Canedo para facer o segundo, e de contado sentenciaba dende os 11 metros, xusto despois da expulsión de Sergiño, que deixaba ao Cee sen opcións.


Montelouro - Cabana (2-2)

Montelouro-Cabana-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, César, Teo, Abel (Pesi, min.75), Pedro (Álvaro, min.75), Geo, Geico, Dani, Dani Deza, Benja (Edu, min.46) e David (Pepe, min.80).
  • CABANA: Añón, Charly (Ismael), Pepe, Iván de Treos, Eloy, Miki (Diego), Josiño, Manu Guillamet, Manolo do Cruceiro (Dani Mato), Fernando (Iván Mato) e Berti.
  • Goles: 0-1, min.10: Pepe; 0-2, min.28: Josito; 1-2, min.55: Dani Deza de penalti; 2-2, min.60: Dani.

Xusta igualada en Agra da Filgueira entre en Montelouro que suma o seu primero punto e un Cabaan ben posicionado xa con 7. Foi mellor o Cabana na primeira metade, que aproveitou ademais un par de regalos da defensa local para meterse por diante.

Moi mal o inicio da segunda por bando cabanés e o cadro local aproveitou para empatar o choque cos tantos de Dani Deza, un deses xogadores doutra categoría que volve axudar ao cadro loureán sobre todo nos partidos de casa, e de Dani. De aí ao final, se ben o Cabana tivo algunha contra perigosa, as mellores ocasións foron dos locais, que non puideron brindar a primeira vitoria á súa afección.

Montelouro-Cabana-Foto-Edu Olveira

Castriz - Seaia (1-0)

  • CASTRIZ: Diego, Martín, Cilindro (Joni), Álex (Santiago), Dani Martínez, Uruguayo, Víctor, Bruno, Chinda, Bolón e Luís.
  • SEAIA: Jesús, Alberto (Parga, min.80), Adrián, Avelino, Víctor, Miguel, Felipe, Damián, Juni (Lesi, min.75), Camilo e Nando (Richard, min.70).
  • Gol: 1-0, min.85: Luís marcou un auténtico golazo nunha contra.

Ponse de líder o Castriz tras unha apurada vitoria ante un Seaia que presentou moita pelexa no medio campo, competindo a gran nivel pero con poucas ocasións para os dous equipos. Si que tivo o cadro de Estaban Blanco algunha pero Chinda e Bolón non estiveron acertados. Tamén tiveron os malpicáns, a pesar das baixas, 3 chegadas bastante claras, pero Diego fixo 3 boas intervencións.

Cando parecía que a cousa ía quedar en empate, unha contra final do cadro rossonero acababa cun golazo de Luís que vale un liderato da Liga da Costa.


Carnota - Porteño (3-0)

  • CARNOTA: Luís De la Peña, Nico, Tono da Caixa, Ferreiro, Pablo Pichín, Manolo Chouza (Juan, min.87), Míchel, Iván Maceiras, Pumuki, Andrñes Fandiño (Berni, min.20) e Manuel Luís.
  • PORTEÑO: Bonano, Gabi (Oli, min.60), Manu, Caamaño, Maikol, Doyle, Cachi (Curra, min.46), Óscar (Josiño, min.46), Cristian, Anxo (Mario, min,65) e Marcos (Xoel, min.75).
  • Goles: 1-0, min.44: Manolo Chouza; 2-0, min.50: Míchel cun golazo pola escuadra dende a frontal; 3-0, min.83: Pablo Pichín.

Primeira vitoria deste Carnota que segue reforzándose, e ben. Onte debutaba o mítico Míchel, eterno capitán do Soneira que este ano parecía colgar ás botas, pero o traballo de motivación do seu compañeiro tantos anos na SD Ferreiro, e a chamada definitiva de Cambeiro certificaron a volta ao campo duns dos grandes do fútbol, cun golazo ademais. E ollo, que soan varios nomes, importantes, para reforzar o cadro branquiazul, e o necesita pois onte só contaba con 13 xogadores, e mesmo o porteiro suplente Juan tivo que saltar ao campo.

Foi clave o gol ao fío do descanso de Manolo Chouza, tras unha primeira metade bastante igualada. E máis importante aínda foi o golazo de Míchel nada máis comezar a segunda metade, sentenciando practicamente o choque.


Mazaricos - San Lorenzo (1-1)

  • MAZARICOS: Pejo, Miguel, Esteban, Matías, Martín, Ricardo, Pereiro, David, Estefano (José Ángel, min.70), Chenel e Molinos.
  • SAN LORENZO: Diego, Puñal, Adrián (David, min.72), Rubén, Pablo Novo, Cachizo, Álex Figueira, Schuster, Parafita (Fuentefría, min.78), Javi Pensado (Adrián Fraga, min.55) e Juni (Dani, min.62).
  • Goles: 0-1, min.30: Javi Pensado tras unha bonita xogada trenzada ás costas da defensa; 1-1, min.90: Molinos tras varios rexeites.

Empate xusto entre dous equipos que levan un gran comezo de campaña e se manteñen na zona noble. Comezaba o partido co dominio do San Lorenzo ante un Mazaricos falto de intensidade. Así, á media hora os de Verdillo se adiantaban cun bo disparon dende a frontal.
Comezaba o Mazaricos a estirarse e ao fío do descanso Molinos facía unha fermosa vaselina que sería un gol pantasma, o porteiro salvaba o balón, sobre a liña de gol para o colexiado que non daba o tanto a pesar das protestas dos locais.

Na segunda mellorou o cadro amarelo, con moitos balón colgados. Chegaban as ocasións, David marraba un man a man co porteiro, Chenel e Molinos tamen avisaban, pero o gol non chegaba, Non o fixo ata o último suspiro Molinos recollía un rexeite tras un balón longo e facía o empate final.


Ponteceso - Fisterra (0-3)

11 do Ponteceso ante o Fisterra-Foto-Ponteceso SD
  • PONTECESO: Brais (Sergio, min.80), Diego Collazo, Javi Peón, Pablo Márquez (Sergio, min.70), Fabián, Alberto Recarey, Mendieta, Valle (Pedro, min.80), Juanma, Manuel (Lorenzo, min.45) e Eloy (Youssef, min.45).
11 do Fisterra no Pinguel-Foto-Ponteceso SD.
  • FISTERRA: Andrés, Munitis, Santi, Julito, Robertín (Breixo, min.69), Yeray (Manuel Cartamil, min.55), Roco, Pablo Lestón (Eddy, min.69), Piti, Aitor e Naranjo (Noé, min.68).
  • Goles: 0-1, min.11: Naranjo; 0-2, min.20: Naranjo; 0-3, min.36: Roco.

Terminou o partido da xornada dominical no Pinguel con derrota local, algo abultada. Foi un partido que se xogou cun Ponteceso con moitas baixas. O Fisterra, con moita máis veteranía sobre o campo, soubo aproveitar os seus momentos, e xa deixaba sentenciaba o choque nunha boa primeira metade, con dous tantos de Naranjo e outro do capitán Roco, que volvía marcar na Liga da Costa.

Xa na segunda metade saiu o Ponteceso moi enchufado pero o Fisterra limitouse a defender o resultado sen demasiados problemas.

Ponteceso-Fisterra-Foto-Ponteceso SD

Baíñas - Volantes (3-2)

Bainas-Volantes-Foto-Mario
  • BAÍÑAS: Sergio, Capote, Samuel, Mario, Héctor, Luís, Esteban (Sancho, min.60), Rodri, Jaime, Elou e Javi Suárez.
  • VOLANTES: Marcos, Juan, Nimo, Mayu, Javi, Espi (Pardelo), Ivi (Suso), Picho, Moja (Edu), Mingos (Brea) e Pito.
  • Goles: 0-1, min.3: Espi de penalti cometido sobre el; 1-1, min.24: Javi Suárez; 1-2, min.44: Piti; 2-2, min.65: Eloy Cabeza; 3-2, min.89: Jaime.
  • Lesión: o local Esteban sufríu unha luxación no ombreiro e ata tivo que entrar a ambulancia no municipal vimiancés.

Partido tolo que puido gañar calquera. Comezaba o partido co Volantes enchufado, pero indo de máis a menos. Adiantábase o cadro laranxa nada máis comezar cun penalti de Espi, que puido ter provocado a expulsión do meta local. Pero reaccionou o equipo de Mario de José, que puido completar un once decente a pesar das numerosas e importantes baixas (Iván, Tasky, David, Braulio, Marcos, Martín, Mata, Llanero e Cristian).

Empataba Javi Suárez pero xusto ao fío do descanso Piti anotaba o seu 6º tanto en 5 partidos.

Desinflouse o Volantes na segunda e o Baíñas foi polo partido. Sentoulle mal o parón, pois tivo que vir a ambulancia pola luxación do ombreiro de Estaban. E nada máis volver o balón a rodar, Eloy Cabeza facía o segundo. Tardou en darlle a volta ao marcador o Baíñas, pero Jaime, a un para o final, facía o gol da vitoria para os locais.

Mal estivo o colexiado, que non puitou un claro penalti a Piti e anulou dous goles dos laranxas por supostos fóra de xogo, mentres que ao Baíñas non lle pitou outro claro penalti por mans de Juan.

Gol do Bainas ante o Volantes-Foto-Mario

Camariñas - Camelle (2-0)

  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Pereira, Piti, Sergio, Nico, Saviola, Moriño, Mario Toja, Javi, Yuyo e Ismael. Tamén xogaron: Pablo, Denís e David.
  • CAMELLE: Jimmy, Felisiano (Sicario del Amor), Peseta, Valiña, Snacky (Lado), Pietrus, Mario, Tedín (Tonsón), Felipe Laxe, Adrián da Barca e Sergio de Pura.
  • Goles: 1-0, min.20: Mario Toja; 2-0, min.89: Javi.
  • Expulsións: o camariñán Yuyo (min.82) por protestar e o seu delegado Javi Baña (min.75); e os camelláns Jesús e na acta Sergio, pero no campo a Adrián da Barca.

Bo e intenso derbi no Hermanas Patiño, que xa era case de urxencia pois o Camariñas chegaba cun punto por cero o cadro camellán. Un Camelle que tiña varias estreas, como o porteiro Jimy, Felipiño, o ex dianteiro do Laxe. Mentres, o Camariñas chegaba con importantes baixas, e parece que irrupción dos xuvenís non está sentando ben, nun equipo que xa contaba con 10 naturais de Camariñas dos 14 convocados.

Comezou o equipo de Varu máis enchufado, cun par de boas ocasións por medio de Adrián e Sergio, tras dous bos pases de Felipe. Pero corría o minuto 20 cando o Camariñas se metía por dianta á volta dunha gran ocasión o Camelle.

Peseta volveu ter un man a man pero o Camelle non tiña a puntería afinada, como o demostra o feito de levar só 2 tantos en 5 partidos. A segunda foi de claro cor azul, pero non sentenciou ata o último momento e a tensión palpouse. Foi empurrando o Camelle buscando o empate, e cando mellor estaba, o Camariñas sufría unha inxusta expulsión por protestar unha patada, así que seguí aapretando, pero no último suspiro, despois de varias ocasións camelláns.

O colexiado saíu abucheado polas dúas afeccións, con 4 expulsións, todas por protestar, e ningunha xusta, como recoñeceron os dous equipos.


Buño - Outes (1-3)

11 do Buno-Foto-David Castro
  • BUÑO: Víctor, Casais (Emilio, min.79), Fran Borrazás, Ángel, Diego, Jorge Calvete, Uru, Gurita (Juan, min.24)(Dani Calvete, min.79), Víctor, Matías e Charro.
Outes en Buno-Foto-David Castro
  • OUTES: Gato, Borja (Rafa, min.67), Saúl, Roberto, Chúa, David, Oki (Piki, min.46), Martín, Poke (Babu, min.84), Yago (Martín Lago, min.89), Manuel (Barral, min.46).
  • Goles: 0-1, min.17: David; 0-2, min.82: David (p); 1-2, min.87: Víctor; 1-3, min.90: Babu.
  • Árbitro: Iván Guerra Domínguez. Amonestou aos locais Casais, Ángel, Jorge Calvete, Uru, Víctor e Charro; e aos visitantes Borja, Yago e Babu.

Partido aburrido para o espectador o que se puido ver en Xaviña (Buño), na tarde do domingo entre o Buño e o Outes. Foi un encontro no cal predominou o centrocampismo e escasearon as ocasións claras de gol.
Na primeira metade, ambos equipos pelexaron por conseguir o mando do partido no centro do campo e pouco a pouco o conxunto que dirixe Manu Roque foi levando o encontro ao seu terreo. No minuto 17, adiantaríase o Outes cun gran gol de David ao sacar unha volea que sorprende a Víctor tras aproveitar unha perda de balón na frontal da área oleira. Oito minutos despois, os branquiazuis reclamaron un posible penalti por presuntas mans de Chúa, e na continuación da xogada Víctor salva in extremis o 0 a 2 logo dun taconazo de Manuel. Uns minutos máis tarde, Gato, en dous tempos, salvaría o empate, tras unha xogada individual de Charro. E nunha falta lanzada por Fran Borrazás, un defensa do Outes desvía o esférico a córner cando xa se cantaba o gol.

Á volta do tempo de lecer, o partido seguiu a mesma tónica e as ocasións chegarían a balón parado por parte dos visitantes mentres que o Buño contarían con tan só unha ocasión ademáis do gol.
Avisaría Roberto cun potente lanzamento de falta que despexa Víctor con dificultades e minutos despois serían Piki e David, os que intentarían sentenciar con dous libres directos que se van a rentes do pau. No minuto 72, tras unha internada por banda de Charro, éste fai o pase da morte e un defensa branquinegro envía a córner o disparo de Matías cando xa se cantaba o gol do empate. Seis minutos despois, Víctor fai unha gran intervención para salvar o tanto de Roberto tras un libre directo. A falta de oito minutos para o final, David faría o 0-2 dende o punto de penalti e catro despois Babu a piques está de facer o terceiro cunha vaselina que se vai rozando o longueiro. Na seguinte xogada, Víctor daría a esperanza de facer o empate ao cabecear ao fondo das mallas un córner sacado por Uru. E xa co tempo cumprido, logo dun balón en largo, Babu róuballe a carteira a Ángel e supera a Víctor facendo o definitivo 1-3.

Crónicas da Liga da Costa


Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios