Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Lira non cede e tira de fortuna

3ª Autonómica: O Lira non cede e tira de fortuna
Muxia-Nanton-Foto-Nanton A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Mantense líder o Lira trala 5ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, despois de superar, con algo de fortuna, a un gran Coristanco. Seguen pegados Ameixenda, que venceu con comomidade en Laxe, e é o único equipo que non coñece a derrota; e o Corcubión, que vencía ao Cerqueda un final de encontro de tolos.


Tocáballe descansar ao Castrelo, que aproveitaba para xogar un partido amistoso co Castriz de Veteranos, ao que venceron por 2-5 cos tantos de Suso, Pichon, Quintans, Roi e Lucho. Despois, tiveron tempo para disfrutar dunha churrascada e duns karts.

Familia do Castrelo en xornada de descanso

Coristanco - Lira (1-2)

  • CORISTANCO: Nacho, Facal (Bili, min.88), Rubén, Sergio, Héctor, Jose (Mato, min.46), Míchel, Iván (Moreno, min.50), Gonzalo, Pazos e Juan (Toni, min.65).
  • LIRA: Peipo, Pedro, Pelos, Chindo, Eloy, Patachín (Paulino, min.60), Javi Carnota (Adrián Porto, min.50), Manu, Pesco, Demetrio e Yanki (Oli, min.10) (Trozo, min.90).
  • Goles: 0-1, min.30: Oli; 1-1, min.55: Gonzalo; 1-2, min.83: Adrián Porto.
  • Lesións: Yanki cun nocello tocado.

Non cede este Lira que vai a por todas nesta liga, superando un dos escollos máis importantes neste comezo de campaña, un Coristanco que xa sabe o que é ser líder e que vendeu moi cara a súa pel. Foi un partidazo de poder a poder, no que o Lira tivo algo de sorte.
Comezaba o cadro de Da Silva chegando e marrando un par de ocasións de Juan (unha de fermosa vaselina que dou no pau) e Gonzalo. Pero era o Lira o que se metía por diante co gol de Oli que substituía aun lesionado Yanki.

Quedou durmido aí o Lira, que non espertou ata o gol do empate, que chegaba na segunda, xa co partido cada estaba máis quente, nunha xogada de Sergio a pase de Moreno, marcaría Gonzalo o empate. Cando estaba o partido mais de cara para os locais, estes pediron a expulsión dun xogador liracho por unha entrada no peito, e xa volcados sobre a área liracha, unha contra supuña o 1-2 definitivo de Adrián Porto, a pesar das protestas dos bergantiñáns que pedían fóra de xogo.


Corcubión - Cerqueda (3-2)

Corcubion-Cerqueda-Foto-Manolo
  • CORCUBIÓN: Beto, Marcos, Gabi, Rubén (Trillo, min.46), Checho (Javi Floreal, min.46), Sebas (Sito, min.87), Alberto, Toja, Lema, Javi e Coiradas (Mini, min.83).
  • CERQUEDA: Rubén, Pailos, Sergio, Pablo, Javi Pazos, Uru (Juanjo, min.80), Dani, Gesto (Dani Añón, min.60), Darío, Martín (Xabi, min.53) e Jacobo (Javi, min.70).
  • Goles: 0-1, min.28: Martín; 1-1, min.82: Javi Floreal machaca un rexeite do longueiro a un tiro de Alberto; 1-2, min.90: Juanjo nunha contra; 2-2, min.92: Sito; 3-2, min.94: Javi Floreal.
Corcubion-Cerqueda-Foto-Manolo

Menuda tolemia de partido o vivido no Cubeleiro. 80 minutos de sosiego e 10 minutos finais de infarto con 4 goles, para darlle 3 puntos aos locais e endosar a primeira derrota aos cerquedáns.

Comezaba o partido cun Cerqueda máis enchufado, con moita presión en campo rival, sen permitir que o Corcubión saíse fácil. Pedían un penalti á media hora os visitantes por mans pouco despois do gol inciial de Martín, que metía en xusta vantaxe aos cerquedáns.

Na segunda, os locais abríronse e foron polo partido, permitindo algunha contra clara que Darío, Javi e Dani Añón non acertaron para sentenciar. Seguía o Corcubión buscando o empate e chegaban os minutos de tolemia. Empataba Javi Floreal tras un chutazo de Alberto que petaba no longueiro. E co Corcubión volcado pola inercia, case que “aplastando” materialmente sobre a súa portería aos cerquedáns, Juanjo facía o 1-2 nunha contra, que parecía defintivo.

Pero non parou o Corcubión, que seguíu envorcado sobre a meta rival. Foi Sito, porteiro que tivo que xogar de xogador, facía o empate xa con 2 sobre os 90 regulamentarios, e xusto antes de que pitase o final o colexiado Javi Floreal aproveitaba uns barullos na área para facer o seu 4º gol e darlle 3 puntos importantes ao cadro corcubionés.

Este foi o gol do Cerqueda, que chegaba no min.90 pero que non valeu para traer nada positivo


Muxía - Nantón (2-1)

Muxia-Nanton-Foto-Nanton
  • MUXÍA: José Antonio, Currás, Pataca, Conguito, Martín, Javi (Anotnio, min.80), Juan (Ruso, min.85), Rubén (Peski, min.55), Aberto, Iván e Víctor Alcaina (Gerardo, min.50).
  • NANTÓN: Guillermo, Lareu, Carlos (Eloy, min.77), Félix, Diego, Carlos Vidal (Dani Costa, min.71), Fabio, David, Luís, Martín e Iván.
  • Goles: 1-0, min.25: Iván Lagoa; 1-1, min.65: Fabio aproveita un rexeite tras un remate fallido de Luís; 2-1, min.86: Peski.
Cumpliuse a estúpida lenda de “Adestrador novo, vitoria segura”. Chegou Sieso e o Muxía rompeu a mala xeira de resultados neste comezo de campaña, e iso que non fixo un bo partido e apenas chegando en 3 ocasións, marcou 2 goles que valen 3 puntazos.

O choque comezaba contemplativo, cos dous equipos esperando que o contrario movese ficha. Pero era o Nantón o que levaba máis o dominio do balón, recuperando moitos balóns duns muxiáns algo imprecisos. Pero no chegaban as ocasións, a pesar do cal o Muxía se adiantaba tras unha falta botada dende o medio campo, aproveitando un erro da defensa cabanesa que lle deixaba controlar a Iván Lagoa e anotar con facilidade.

Non foi quen o Nantón de reaccionar, e foi o equipo local quen se veu arriba entrando un pouco máis en xogo e con algunha internada dende a banda aínda que sen crear ocasións claras de gol.

Na segunda metade, o partido convertiuse nun ida e volta por parte dos dous equipos sen un dominador claro, co Muxía entrando sobre todo pola banda esquerda, e o Nantón achegándose a área contraria con máis perigo. Pero era o Nantón o que acadaba o empate por medio de Fabio.

Pero pouco despois, o Muxía anotaba nun balón ás costas da defensa que non desperdiciaba Peski. Os últimos minutos foron de locura, onde o Nantón dispuxo de ocasións moi claras para conseguir o empate nos pés de Iván e Luís, mentres Guillermo tamén salvaba o 3-1 cunha estirada impresionante aos pés dun punta muxián.

Laxe - Ameixenda (1-4)

  • LAXE: Anxo, Aarón, Iván, Carlos, Roberto, Dani, Djamel (Fariña, min,.80), Adrián Lema, Caamaño, Borja e Samu (Elías, min.46).
  • AMEIXENDA: Óscar, Jorge (Camacho, min.60), Javichu, Bruno (Samuel, min.75), Iván, Álex, Momaño (Antón Lestón, min.46), Cristian, Borja (Mateo, min.70), Víctor (David, min.60) e Mario.
  • Goles: 0-1, min.8: Álex; 0-2, min.27: Borja; 0-3, min.38: Mario; 0-4, min.45: Cristian; 1-4, min.70: Dani.

Sentenciou pronto o choque o Ameixenda de Manolín ante un Laxe que non acaba de arrincar e segue pechacancelas cun só punto. Alex, Borja, Mario e Cristian facían 4 goles na primeira metade que facían que a segunda sobrase, e só servise para que .


Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios