Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Preferente: Para esquecer

Preferente: Para esquecer

Malísima a 6ª xornada da Preferente - Senra Sport para os nosos equipos. Dúas derrota, dúas goleadas as colleitadas por dous equipos que suman uns números moi semellantes, quedando na metade da táboa, con 8 puntos (2 vitorias-2 empates-2 derrotas), con moito por mellorar.

Mugardos - Dumbría (4-1)

  • DUMBRÍA: Iván, Tantán (Jesús, min.46), David Carreira, José, Kevin, Aarón, Cote (Adrián Makaay, min.46), Rivi, Iago, Diego Cespón (Diego Moreno, min.65) e Adrián Nieto (Martín, min.72).
  • Goles: 1-0, min.15; 1-1, min.35: Adrián Nieto; 2-1, min.38; 3-1, min.63; 4-1, min.81.

Non puido o Dumbría co inesperado líder da categoría. O Dumbría aguantoulle ben a primeira metade e soubo superar o gol inicial dos ferroláns. Pero o tempraneiro gol despois do empate de Adrián Nieto fixo mella, e durante a segunda metade os dumbrieses foron inferiores e acabaron sucumbindo.


Castro - Xallas StComba <(6-2)

  • XSC: Julián, Rubén, David Baña (Cristian, min.80), Aarón, Alberto (Joshi, min.75), Jota, Doro, César (Kevin, min.51), Pablo Muíño, Jesús e Choco (Marcos, min.61).
  • Goles: 1-0, min.2; 1-1, min.11: Choco; 2-1, min.42; 3-1, min.46; 4-1, min.52, 5-1, min.65; 6-1, min 85; 6-2, min.90: Jesús.

Unha segunda metade de “empanada de xoubas” propiciou que o cadro bicolor colleitara unha dura derrota no campo do Castro. Ata 4 goles recibiu o equipo xalleiro na segunda metade, despois dun primeiro tempo no que mesmo tivo opcións de poñerse por diante. I é que malia recibir un tanto aos 2 minutos, o equipo de Coméndez soubo reaccionar, empatou pronto e a piques estivo de poñerse por diante durante unha boa media hora da primeira metade. Doro, Pablo Muíño e o propio Choc, autor do tanto, fallaron e ao fío do descanso un tanto dos locais desestabilizaba aos verdes e laranxas. O tanto nada máis saír dos vestiarios acababa de matalos que se deixaron ir propiciando a goleada.

O equipo lamenta as baixas de Capelo e Arnejo, que deixaban o equipo a semana pasada.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios