Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: Asesoría Suárez e Cervecería Troula esperan o erro dos líderes

Liga FS Carballo: Asesoría Suárez e Cervecería Troula esperan o erro dos líderes
Carniceria Eusebio - O Pazo-Foto-David Castro

O Asesoría Suárez e o Cervecería Troula seguen á espera do fallo dos líderes, o Carnicería Eusebio e o Tasca A Cunca, respectivamente, para abordar o primeiro posto.

No Grupo Azul, o Carnicería Eusebio e o Asesoría Suárez seguen na súa loita particular tras vencer ao Cervecería O Pazo (4-1) e o Mesón do Pulpo (2-0), respectivamente. O S2 Informática aproveitou a derrota dos pontecesáns de O Pazo para abordar o terceiro posto logo de vencer ao colista, Mar de Menta por 9 a 4. Mentras tanto o Brasería Caracola volve a meterse no grupo de cabeza tras gañar por 4 a 1 ao Deportes San Remo, ao igual que o Construccións Brandón que venciu ao Construccións Maracaná (10-7), logo de protagonizar a remontada da xornada, tras chegar a ir perdendo por 2 a 7.

No Grupo Vermello segue mandando o Tasca A Cunca, logo da súa vitoria sobre o Bodegón Trincado (3-0), aínda que marcado de cerca polo Cervecería Troula que venciu ao 4º clasificado, o Talleres Sousa-Rte. Seiruga por 6 a 3. Mentras o SAT Xulián acadou a súa primeira victoria da liga tras gañarlle ao Alicatados Señarís por un axustado 5-4. O Dluxe Carballo fixo que o Peluquería Este-Oeste sufrise para gañar por un instantáneo de 2 a 3. Mentras tanto, o Dolce&Café repúxose da derrota da pasada semana ante o líder, vencendo ao Cervecería Ágora (1-3).

Crónica da semana

Juny protagonista do choque-Foto-David Castro
  • Resultado: Carnicería Eusebio - Cervecería O Pazo (4-1)
  • Carnicería Eusebio: Ramón, Camilo, Rubén, Juny e Adrián. Tamén xogaron: Uru e Pablo.
  • Cervecería O Pazo: David, Mateo, Eloy, Bastón e Martín. Tamén xogou: Manolo.
  • Goles: 0-1, min.2: Xogada combinativa de O Pazo, que finaliza Eloy cun gran disparo cruzado. 1-1, min.9: Xogada individual de Uru que resolve el mesmo no man a man ante David. 2-1, min.18: Melé formada na área visitante, que intenta despexar Manolo e o esférico introdúcese na portería tras bater en Camilo. 3-1, min.34: Juny finaliza de maneira espectacular no man a man ante David. 4-1, min.39: Pase da morte de Uru que materializa Camilo.

Comezou golpeando o Cervecería O Pazo aos dous minutos por medio de Eloy e minutos máis tarde o propio xogador visitante tería o segundo pero Ramón salvaría o tanto no man a man. Un minuto despois, logo dunha xogada individual, Uru resolvería ante David para acadar o empate e a partir desto o partido tería un claro dominador con Juny como director de orquestra. O xogador malpicán do Eusebio tería un dobre ocasión para poñer por diante ao seu equipo pero primeiro o David, o mellor do partido dos visitantes, e logo o longueiro evitaríano. Pero antes do tempo de lecer, chegaría o segundo gol dos locais logo da xogada tonta do partido, cando o despexe de Manolo bate en Camilo e introdúcese na portería visitante.

Á volta do descanso, o Carnicería Eusebio poñeríalle outra marcha ao encontro e pouco tardarían en chegar as ocasións, con Juny como protagonista, pero o longueiro e o gardameta visitante evitarían o terceiro gol dos locais. Respostaría Martín cun lanzamento que repele o pau logo dunha transición rápida. E avisaría, de novo Juny das súas intencións e tras librarse da súa marca saca un disparo que repele o longueiro pero un minuto máis tarde o xogador do Eusebio non perdonaría no man a man ante David. E a falta de un minuto para o final, Camilo faría o definitivo 4 a 1.

Vitoria merecida do Carnicería Eusebio ante un Cervecería O Pazo que tivo no seu porteiro David Freijeiro coma o seu mellor home e que evitou que o resultado fose máis amplo.

Táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Crónicas da Liga FS Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios