Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O Baio contará co alento do Mazaricos para subir a 1ª tras un mes de liguilla

O Baio contará co alento do Mazaricos para subir a 1ª tras un mes de liguilla
Ambientazo-no-Platas-Reinoso-para-o-Baio_Sofan

Xa ten rivais o Baio para acadar o ansiado ascenso á 1ª Autonómica. Sálvora e Agolada serán os rivaus cos que xogue unha liguilla de 6 xornadas, con ida e volta. E a afección amarela do Mazaricos tinguirase de branquiazul para arroupar ao cadro baiés pois o ascenso do Baio deixaría unha temporada máis ao Mazaricos na 2ª.
Haberá unha praza de ascenso para o 1ª da Liguilla, pero hai que confiar no Atl. Riveira, que se supera ao Olímpico de Rutis e ascende á Preferente deixará unha praza máis, e serán 2, destes 3, os que ascendan.

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica

XornadaEnfrontamentoData/Resultado
Agolada - Baio19-05-18:00
Sálvora - Agolada26-05
Baio - Sálvora02-06
Baio - Agolada09-06
Agolada - Sálvora16-06
Sálvora - Baio23-06

Fase de Ascenso á 2ª Autonómica

Non houbo novidades no sorteo da Promoción da 3ª. Os 4 equipos loitarán por unha soa praza de ascenso, e o farán ao estilo copa, con semifinais e final a doble partido, empezando sempre no campo do peor clasificado e co valor doble dos goles fóra de casa e prórroga penaltis en caso de empate. En canto as tarxetas, parten de 0 se ben os que xa están sancionados cumplirán as repectivas sancións como os camelláns Miguel Riveiro e Matías.

Iso si, obriga a modificar os horarios da Copa, e xa nos contaron que hai o partido do Laxe ante o Camariñas será con toda probabilidade o venres, mentres que o Cerqueda optou por adiantar a Promoción ao sábado e deixar a Copa para a mañá do domingo.

IdaEnfrontamentoVolta
19-05 - 17:00Laxe - Camelle--
18-05 - 18:00Cerqueda -Soneira B25-05 - 18:00

Final da Copa Xuvenil

Aínda non está confirmado oficialmente, pero con toda probabilidade a Final da #Copadacosta xuvenil 2013 será o sábado 25 de maio as 18.00 h no Municipal de Lombáns (Carnota).

Fases de Ascensos ás Ligas Galegas Base

O sorteo para dilucidar as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenís (estarán Cabana e XSC), Cadetes (Esteirana e Cee) e Infantís (XSC) celebrarase o vindeiro luns 20 de maio. Os encontros comezarán a primeira fin de semana de xuño, e constará de dúas eliminatorias.


Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios