Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O San Lorenzo marca o ritmo

2ª Autonómica: O San Lorenzo marca o ritmo
Zas-San Lorenzo-Foto-Alejandro Mel1 Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Visitaba San Andrés, o campo do 2º clasificado. Pero a este San Lorenzo de Pedro Novo non lle tremen as pernas, e sacou 3 xustos puntos que o manteñen no liderato desta 2ª Autonómica - ES Bazarra trala ornada 11, xa con 4 puntos sobre o propio Zas e o Castriz. Un Castriz que sufría e moito para vencer a un grandísimo Outes, qu eperde folgos no alto da táboa, igual que Buño e Volantes, que non pasaban do empate ante Mazaricos e Montelouro.


Cabana - Camelle (2-2)

  • CABANA: Víctor, Dani, Pepe, Iván de Treos, Miky, Josiño, Manu Guiillamet (Laik), Raúl (Charly), Iván Mato, Fernando (Ismael) e Berti (Manolo do Cruceiro).
  • CAMELLE: Muxián, Sikario del Amor, Gemelo, Valiña, Muxico, Macho, Mario, Tedín, Felisiano, Felipe e Pantera Jr. (Tajes).
  • Goles: 0-1, min.11: Felipe; 0-2, min.36: Pantera Jr.; 1-2, min.43: Josiño de penalti; 2-2, min.48: Iván Mato.
  • Expulsións: os camelláns Jimmy e Rodri dende o banco por dicirlle “Espero que usté non nos volva arbitrar”, considerando o colexiado que era unha falta de respecto.

Salvou un punto o Cabana nas Redondas ante un Camelle que vai en clara melloría. Foi superior o cadro camellán, pero o Cabana soubo repoñerse na segunda metade. Colocouse 0-2 o cadro de Varu, que non podía estar nas Redondas, tras unha gran primeira metade. Pero o Cabana recurtaba antes do descanso dende os 11 metros.

Arrincaba a segunda metade e o Cabana marcaba de novo, sen tempo a espertar e, segundo os visitantes, en posible fóra de xogo. Tivo máis opcións o Camelle de levar o choque pero non conseguíu romper a liña local, e iso que segue tendo problemas atrás o Cabana, sendo aínda dos equipos que máis goles reciben, polo que terá que mellorar para non pasar apuros.


Seaia - Porteño (2-2)

  • SEAIA: Jesús, Lesi, Víctor, Avelino (Dimaga, min.60) (Parga, min.70), Vistas, Nando (Damián, min.65), Camilo, Eme, Adra (Ángel, min.75), Juni e Richard (Barreiro, min.70).
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo (Gabi, min.46), Curra, Maikol, Caamaño, Óscar, Roi, Cristian, Cachi, Meu Lar, e Jose.
  • Goles: 1-0, min.15: Richar; 2-0, min.16: Richar; 2-1, min.35: Meu Lar; 2-2, min.93: Cristian.
  • Expulsión: o míster local Tato.
  • Lesións: os locais Dimaga e Adra.

Partido igualadísmo entre dous conxuntos moi parellos o disputado en Pedra Queimada, que non se decidiu ata o tempo de desconto. Comezaron os locais moi fortes, e en apenas un minuto Richar colocaba 2-0 aos seus. Primeiro marcaba e ao saque de centro, volvía roubar un balón e asinaba o 2-0 ante a pasividade dos visitantes. Pouco despois marcaría o terceiro Nando, pero o colexiado, que non gustou a ningún, anulaba o tanto por suposto fóra de xogo.

Estirábase o cadro da Ponte, e nunha das primeiras chegadas Meu Lar facía o 1-2, deixando o partido totalmente aberto de cara a segunda metade.

Unha segunda metade máis bronca, con máis interrupcións e menos xogo. O Porteño, algo máis veterano, aproveitou ese xogo parado para ir subindo liñas, e precisamente a falta de veteranía dos locais foi clave, para deixar escapar os 3 puntos, cando no min.93, unha dubidosa falta ao borde da área remataba co empate da man de Cristian ante as protestas locais.


Montelouro - Volantes (1-1)

Montelouro-Volantes-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, Teo, Pablo, Abel (Pepe, min.65), David (César, min.60), Gelo, Geico, Riki, Edu, Pesi (Raúl, min.67) e Edu Balsa.
  • VOLANTES: Marcos, Juan, Mayuyo, Maikel (Pardelo), Miguel, Ivi (Suso), Espi, Picho, Óscar (Brea), Brais (Mingos) e Piti.
  • Goles: 1-0, min.35: Riki de falta dende fóra da área coa axuda do meta visitante ao que lle esvarou o balón; 1-1, min.65: Mayuyo tras unha falta botada por Ivi.
  • Expulsións: o local Gelo mo minuto 52 por doble cartón e o míster Jurjo.

Clásico derbi, partido de rivalidade, no que a clasificación non importa. De feito, chegaba o Volantes 5º ao campo do pechacancelas pero a diferencia na táboa non se deixou notar no enlamado terreo de xogo de Agra da Figueira. Foi un partido aburrido, sen un dominador claro nin tampouco grandes ocasións de gol, polo que o empate foi válido para uns e outros.

Se cadra tivo o equipo laranxa algo máis de pegada, pero os dous equipos estaban máis pendentes de gardala roupa que de botarse a nadar.

Adiantaríase o equipo de Jurjo na primeira cunha falta que centraba Riki e que se cola a Marcos. A balón parado chegaba tamén o empate, por medio de Mayuyo no ecuador dunha segunda metade máis bronca todavía.

Montelouro-Volantes-Foto-Edu Olveira

Carnota - Baíñas (0-2)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Tono da Caixa, Pedro Pichín, Manolo Chouza, Andrés (Raúl), Nakata (Pablo PIchín), Manuel Luís, Nico, Míchel e Pumuki (Berni).
  • BAÍÑAS: Sergio, Samuel, Rodri, Luís, Martín, Vilas, Mario (Iván, min.70), Eloy, Cristian (Marcos, min.80), Javi Suárez (David, min.90) e Tasky (Braulio, min.60).
  • Goles: 0-2, min.33: Javi Suárez; 0-2, min.37: Cristian tras unha boa xogada e pase de gol de Javi Suárez.

Partido igualado, que levou un Baíñas con máis pegada, e que fixo unha boa primeira metade. Segue recuperando xente Mario de José e o equipo o nota, sobre todo en defensa. E arriba conta cun dos homes máis desequilibrantes da categoría, un Javi Suárez que abría o marcador (o seu 8º tanto) e deixaba a Cristian só para facer o segundo. Puido sentenciar aí o cadro vimiancés, pero o choque quedaba aberto para a segunda.

Foise arriba o Carnota na segunda, metendo balóns arriba, algúns con perigo. As mellores ocasións para os de Cambeiro foron un tiro de Míchel unha ao pau e unha de Manuel Luís que marrou só diante do porteiro.


Zas - San Lorenzo (0-2)

Zas-San Lorenzo-Foto-Alejandro Mel
  • ZAS: Anxo, Fabián (Manu, min.55), Oli, Martín (Samuel, min.78), Vecino, Isma, Peque, Dani (Samuel, min.64), David Blanco, Rubio e Álex (Abel, min.60).
  • SAN LORENZO: Diego, Javi Puñal, Adrián Varela, Pablo Novo, Rubén, Álex Figueiras, Adrián Fraga (Fuentefría, min.65), Schuster, Parafita (Anxo, min.85), Carlitos (Javi Pensado, min.70) e Juni (David, min.80).
  • Goles: 0-1, min.70: Álex Figueiras de penalti; 0-2, min.91: Javi Pensado tras fallo de Anxo.

Era o partido da xornada pois o líder, visitaba o campo do 2º, clasificado, un Zas que se mantiña a só 1 punto. E o San Lorenzo demostrou por que está aí arriba, cun poderío tremendo, levando unha xusta vitoria a pesar de que foi un tempo para cada un.

Comezou o equipo de Pedro Gómez mellor na primeira metade ante un Zas que acusaba baixas importantes como as de Josito, Canedo ou Pereiro. Era un partido con moito xogo medio campo, sen demasiadas ocasións, como era de esperar pois falamos de dúas das mellores defensas do campionato. Poucas ocasións na primeira, máis que balón ao longueiro dos visitantes tras unha falta lateral e un gol anulado a Rubén por fóra de xogo.

Melloraba o Zas na segunda metade, cando chegaban as súas mellores ocasións aínda co 0-0, cun remate de cabeza de David Blanco lambendo ao pau, e un penalti que pedía o punta zaense. Pero faltaban só 12 minutos cando o colexiado sinalaba un claro penalti do meta local (puido ser expulsión pois marchaba só cara gol) que non marraba Álex Figueiras. Xa co tempo cumplido, e sen que o Zas tivera opcións do empate, Javi Pensado, coa axuda do meta local, facía o segundo tras unha falta lateral.
Aquí, Alejandor Mel nos deixa o gol de penalti dos carballeses, e despois un resumo do partido completo:


Camariñas - Ponteceso (2-0)

11 do Camarinas ante o Ponteceso-Foto-SD
  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Martín, Miguel, Denís, Moriño, Pereira, Javi (Brais, min.75), Ismael, David (Piti, min.85) e Yuyo.
11 do Ponteceso en Camarinas-Foto-SD
  • PONTECESO: Brais, Diego Collazo, Oscar Moscoso, Youssef (Lorenzo, min.65), Dani Valle (Ismail min.85), Dani Cotelo, Mendieta, Martin Puente, Alberto Recarey, Dieguito (Juanma, min.60) e Christian Martinez (Eloy min.75).
  • Goles: 1-0, min.55: Yuyo dende fóra da área; 2-0, min.89: Yuyo a pase de Ismael.
Morino e Mendieta-Foto-SD

A chuvia e vento foron tan protagonistas como os equipos no Hermanas Patiño, un vendabal que impediu ver o xogo destes dous equipos, recén descendidos, que están chamados a estar moito máis arriba. Os dous equipos necesitaban 3 puntos, que agora deixan ao Camariñas algo máis desafogado, mentres o Ponteceso, que leva 8 partidos sen gañar pero sen embargo está dando boa imaxe aló por onde vai, queda a só 2 puntos do descenso.
Comezaba chegando o Ponteceso cun xogo combinativo, pero de contado o Camariñas impuña o seu forte ritmo, facendo un partido moi completo, tanto a nivel defensivo en contra do vento na primeira metade, como a favor na segunda.

Saía dos vestiarios o cadro de Gerpe moito máis enchufado e pronto se adiantaba no marcador cun bonito gol de Yuyo. O Ponteceso metíase de novo no choque pero non era quen de facer dano, e só o cadro local, a piques de chegar ao final, sentenciaba, de novo por medio de Yuyo.


Cee - Fisterra (1-6)

  • CEE: Parroto (Maikel, min.60), Josiño, Senlle, Jacobo (Borja, min.80), Aitor (Rubén, min.,70), Tebo, Hidalgo, Piquero, Leo (Isma, min.61), Bruno e Andrés (Lamela, min.57).
  • FISTERRA: Norberto, Piti (Munitis, min.80), Robertín, Manuel Cartamil, Juan, Santi (Noé, min.75), Roco, Guardiola, Yerai (Aitor, min.60), Pablo Lestón (Alex, min.65) e Naranjo (Roa, min.44).
  • Goles: 0-1, min.16: Guardiola; 0-2, min.27: Roco; 1-2, min.47: Leo a centro de Bruno; 1-3, min.55: Guardiola; 1-4, min.68: Roco; 1-5, min.76: Pablo Lestón; 16, min.78: Aitor.

Sempre é o Cee-Fisterra un dos partidos máis importantes para os dous equipos. E a goleada do fisterráns supón un gran empurrón para os de Nacho e un golpe duro para os de Rafa.

Empezou mellor o Fisterra e marcou case na primeira ocasión que tivo o que lles deu confianza e tranquilidade, poñendo máis nerviosos aos locais. O Fisterra tapou ben as bandas, moi serios atrás, e Guardiola e Roco abrían o marcador. Só nos últimos 10' do primeiro tempo o Cee empezou a espabilar e foi ao comezo da segunda, tras un erro fisterrán nos seus clásicos 5 minutos de “tontería”, un centro dun dos ex fisterráns en Cee, Bruno, era rematado por Leo a gol.
Parecía que podía chegar o empate, e o tivo o Cee nun pase de Jacobo tras un córner ao que non chegaba Leo, pero de seguido sentenciou o cadro fisterrán co gol de Guardiola, e pronto Roco facía o cuarto. De aí ó final, dominio absoluto do Fisterra que poido marcar aínda máis goles ante un Cee abatido.

Fisterra celebrando a vitoria en Cee

Castriz - Outes (3-2)

  • CASTRIZ: Pablo, Martín, David, Álex, Dani Martínez, Martín Uruguayo, Bruno, Agra, Chinda, Luís e Bolón (Joni, min.85).
  • OUTES: Gato, Róber, Chúa, Saúl (Martín Iago), Borja (Rafa), David, Oki (Jura), Babu (Fabio), Martín, Piki e Elías.
  • Goles: 1-0, min.52: Martín Uruguayo; 2-0, min.60: Bolón; 2-1, min.68: Fabio; 2-2, min.79: Elías; 3-2, min.92: Álex.

Outro dos partidazos da xornada entre dos auténticos equipazos, nun choque no o acerto nas áreas foron claves, cun Castriz que foi mellor no primeiro tempo, pero un Outes que conseguía darlle empata o marcador e cando máis preto estaba da remontada chegaba o gol da vitoria local.

A primeira metade foi igualada, cun Castriz algo máis enriba. Empezou o Castriz ben na segunda, e Martín Uruguayo e Bolón puñan en vantaxe aos locais. Pero Outes foise metendo no partido e empataba con dous golazos impresionantes de Fabio e Elías. E cando máis de cara o tiña o cadro da Serra, chegou o terceiro dos locais, xa co tempo cumplido nunha xogada que remataba o capi Alex.

Un Castriz que segue a estela do San Lorenzo, e que non poderá contar con Cilindro nos vindeiros 13 parridos despois da dura sancióin do comité. O cadro xalleiro presentou recurso, pero non conta con moitas esperanzas, pois entende que a acción do xogador tampouco foi afortunada, se ben a acta non di toda a verdade.


Buño - Mazaricos (1-1)

  • BUÑO: José, Eloy (David Dourado, min.67), Casais, Ángel, Diego, Jorge Calvete, Uru, Matías (Emilio, min.70), Neucha, Jorge (Dani Calvete, min.80) e Juan Antelo (Víctor, min.89).
  • MAZARICOS: Pejo, Matías, David, Ricardo, Adrián, Estéfano, Esteban, Pereiro, Miguel, Chenel e José Ángel.
  • Goles: 0-1, min.55: en propia; 1-1, min.60: Juan Antelo.

Partido moi igualado e disputado en Xaviña entre dous equipos da zona media-alta, que rematou cun empate que lle soubo aos dous equipos.

Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios