Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda

3ª Autonómica: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda
Ameixenda-Cerqueda-Foto-UD A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

O partido da xornada desta 11ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira disputábase en Cee. E non defraudou, pois o líder, un Ameixenda aínda imbatido, atopábase cun gran Cerqueda, que sacaba un empate do San Paio de Refoxos, deixando aos cerquedáns 4º, a 9 do liderato. Polo medio quedan Coristanco e Corcubión, empatados a 7 puntos dos de Manolín, tras protagonizar outro dos partidazos da xornada, rematando tamén en táboas, demostrando a igualdade dos de arriba.

Rompeou a mala xeira o Lira en Laxe, mentres o Castrelo sumaba a histórica segunda vitoria seguida e xa se sitúa a só 3 puntos da Promoción.


Corcubión - Coristanco (1-1)

  • CORCUBIÓN: Sito, Javi, Jesús, Marco, Cos, Toja, Trillo, Lema, Gorka, Lourido e Javi Floreal (Mini. min.80).
  • CORISTANCO: Nacho, Joni (Gonzalo, min.60), Facal (Bardanca, min.70), Jose, Iván (Marcos, min.15), Rubén, Mallón, Míchel, Juan, Toni e Cholo.
  • Goles: 0-1, min.5: Facal tras un córner; 1-0, min.60: Lourido pola escuadra.

Bo partido entre dous dos candidatos ao ascenso esta campaña. Chegaba o Corcubión con moitas baixas tralas expulsións da semana semana e outros lesionados importantes como Alan ou Gabi. Púñaselle de cara aos de Da Silva nada máis comezar cun gol de Facal á saída dun córner. O cadro visitante seguía presionando arriba, sen deixar saír cómodos aos de Carlos Lema. Cholo tivo dous remates para ampliar a renda pois os roubos na liña de tres cuartos creaban perigo á defensa local.

Xa na segunda o partido cambiou e o Corcubión metía moita máis intensidade, ante un Coristanco que só podía meterse atrás e defender o resultado. Pero aos 15 minutos do segundo tempo, David Lourido estréabase como goleador de novo en casa, tras un par de anos de viaxe por Dumbría onde os asuntos laborais lle impediron demostrar que a súa categoría está moito máis arriba.

Tiña o Coristanco algunha contra, parada polo colexiado por fóra de xogo, e o propio Lourido tivo o 2-1 pero Nacho fixo a parada da tarde para manter o empate.


Castrelo - Nantón (1-0)

  • CASTRELO: David Buxantes, Víctor, Pichón, Dario, Berdoias, Luís, Quintáns (Edreira, min.56), Capote (Raúl, min.83), Félix (Isra, min.54), Roi (Lucho, min.62) e Stiven.
  • NANTÓN: Guillermo, Carlos, Eloy, Félix, David (Dani Costa, min.70), Fabio, Amado, Luís, Martín e Lareu.
  • Gol: 1-0, min.60: en propia meta o meta cabanés tras un centro de Capote.

Partido intenso desde principio, con poucas ocasións de gol, cun Castrelo que fai historia conseguindo a segunda vitoria consecutiva ante un rival, un Nantón, algo apático.

Non foi un choque de gran fútbol, pero o Castrelo cun pouco máis de intensidade, mentres o Nantón polo seu lado intentando sempre buscando á súa referencia Luís. Corría o minuto 60 cando un centro de Capote buscaba a Stuven pero o meta cabanés, intentando atallar, colaba o balón na súa propia meta. Tivo algunha para sentenciar, e o Nantón, cunha tímida reacción, tivo o empate pero o marcador non se movería.


Ameixenda - Cerqueda (2-2)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Javichu, Samuel, Iván Pequeño, Antón Lestón (Bichiño, min.46), Momaño, Camacho, Jesús (Demetrio, min.80), Cristian e Borja (David, min.80).
  • CERQUEDA: Rubén, Pailos (Gesto, min.68), Javi, Sergio, Dani Pazos, Jhonny, Lorenzo, Darío, Dani Seaia (Uru, min.75), Jacobo (Javi, min.46) e Martín (Dani Añón, min.80).
  • Goles: 0-1, min.12: Dani Seaia; 1-1, min.42: Cristian de tiro cruzado; 2-1, min.47: Jesús chuta dende fóra da área, toca nun defensa e se cola; 2-2, min.68: Martín.

Prantou cara o Cerqueda a todo un Ameixenda e sacou un punto do San Paio de Refoxos, deixando ver que pode ser o equipo a batir, ou alomenos esa foi a sensación que quedou en Cee. Esperábase nas bancadas un partido de poder a poder e os equipos non defraudaron, e cada un coas súas armas fixeron un gran partido.
Por fin o Cerqueda saía enchufado ao inicio do partido e sorprendiu o Ameixenda, e nos minutos iniciais Darío avisaba con un remate de cabeza que saía fora por pouco, e no minuto 13 tras un mal saque de portería Martín rouba o balón e cédello a Dani Seaia que dende a frontal mandaba o balón a escuadra da portería.

Ese gol tocou un pouco a moral dos locais que non eran capaces de parar a un Cerqueda enchufado e que seguía tendo ocasións claras pero esta vez non acertaban. Pasaban os minutos e o Ameixenda metíase no choque. Faltaban Víctor e Mario arriba, pero estaba Cristian, que non desperdiciu unha boa acción ao fío do descanso para facer o empate.

A segunda parte foi moi distinta e xa empezou co gol dos locais, por medio de Jesús, dende fóra da área e tras tocar nun rival despistou completamente a Rubén. O Ameixenda fíxose forte e o Cerqueda pesábanlle as dimensións do campo. Non era quen de ampliar a renda o Ameixenda e foi Martín, tras varios rexeites á saída dun córner o que facía o empate.

Aí baixou un pouco o ritmo xa que ningún dos dous quería perder. Xa nos minutos finais, foi anulado o posible 2 -3 á saída de outro corner por considerar o colexiado que o balón no centro saira e volvera a entrar no campo.

E aquí vemos o gol de Martín para facer o definitivo empate da man da UD:


Laxe - Lira (2-4)

  • LAXE: Anxo, Aarón, Carlos, Jaja, Bras (Zurich, min.55), Miguel (Iván, min.70), Borja, Roberto (Adri, min.60), Samu Soneira, Dani e Samueliño.
  • LIRA: Peipo, Eloy, Yerai, Miki, Javi Pelos, Iago, Oli, Pesco, Yanki, Demetrio e Adrián Porto. Tamén xogaron: Germán, Trozo, Cibrán e Manu.
  • Goles: 1-0, min.4: Samueliño; 2-0, min.13: Samueliño; 2-1, min.17: Oli; 2-2, min.50: Oli; 2-3, min.70: Germán; 2-4, min.89: Yanki.

Foi polo partido o Laxe dende o comezom e de feito se adiantou tras uns bos primeiros minutos con dous goles de Samueliño. Puido ampliar a renda pero deixou vivo ao Lira, que foi resucitando e recurtaba ao fío do descanso, deixando o partido aberto para a segunda metade.

Na segunda acusou o físico o Laxe e o Lira foi máis incisivo. Pronto empataba o cadro liracho, mentres o Laxe seguía chegando pero fallando claras ocasións para meterse de novo por diante, pero os Dani, Zurich e Samuel non estaban acertados. Ata Zurich fallou un penalti. Germán e Yanki daban a volta ao marcador no treito final do choque, ao que chegaron máis frescos os lirachos, rompendo así unha liña de 4 derrotas seguidas.

Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios