Preferente: O Dumbría pega un salto
 
    10:53 17/11/14 
             Unha de cal e unha de area nesta 12ª xornada da Preferente - Senra Sport. O Dumbría, cunha cómoda e seria vitoria ante o Riveira, ascende á 7ª praza con 19 puntos, xa moi preto dos postos de promoción. Cae á 12ª praza con 15 puntos o XSC tras caer ante un dos favoritos da competición, un gran Negreira, que non permitiu que o cadro xalleiro, con 10 durante máis dunha hora de xogo, puidese remontar.

Negreira - Xallas StComba (2-0)
 
- XSC: Julián, Rubén Forján, Cristian, Rubio, Aarón (Oscarín, min.80), Jota, Marcos (Pablo Muíño, min.60), César (Joshi, min.70), Kevin, Jesús e David Baña.
- Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.75.
- Expulsión: o xalleiro Rubén Forján no min.23.
 
Dumbría - Atl. Riveira (2-0)
 
- DUMBRÍA: Iván, Tantán (David Carreira, min.75), Brian, Iago, Pablo Conde (Kevin, min.80), Aarón, Darío (Javi, min.60), Jesus, Marcote (Alex Siaba, min.60), Rivi e Diego Cespón.
- Goles: 1-0, min.22: Iago de cabeza nun córner; 2-0, min.37: Diego Cespón cun golazo dende 30 metros.
 A efectividade e o gran traballo defensivo foron claves para esta vitoria dumbriesa, a segunda consecutiva, algo que non conseguiran aínda este curso. Os de Canosa e Lobelos foron moi firmes, a pesar de seguir contando con xente moi nova como Marcote, Javi, Kevin ou Alex Siaba na convocatoria.
Non perigaba a meta de Iván, e arriba, os costeiros facían dano a balón parado. Así chegaba o primeiro, obra de Iago á saída dun córner. Pouco despois, e antes do descanso, Diego Cespón demostraba a súa calidade cun golazo dende 30 metros que case deixaba sentenciado o partido de cara a segunda metade.
Unha segunda metade controlada polos costeiros, moi serios atrás, sen sufrimentos.

Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Un repaso a todos os pichichis da Costa.
- Futsal Carballo: O Dolce&Cafe confirma a súa candidatura ao título:
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).