Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os Xuvenís xa teñen Copa

Os Xuvenís xa teñen Copa

Tras un remate máis soso da segunda fase da Liga e aínda máis soso da primeira fase da Copa, o fútbol xuvenil xa pensa na Copa da Costa 2013. Unha Copa que comeza o vindeiro 6 de abril e que se xogarán ininterrumpidamente ata o día da final, tamén a partido único, o 18 de maio. O horario oficial para a competición, ás 17:00h.

Cadro Copa da Costa Xuvenil 2013

Repaso á última xornada

Xa saben que a derradeira xornada deixou pouco que contar. De feito, o interese xa se pechaba o venres, coa disputa do encontro aprazado da xornada anterior entre Cabana e Malpica e que trala vitoria cabanesa deixaba xa ao Malpica sen opcións.

O sábado non houbo se quera intensidade e serán Cabana e Xallas de Santa Comba os nosos representantes na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil.

Na Copa xa estaba todo decidido. O único punto de interese era ver se o Muros podería gañar o seu primeiro partido, e así o fixo en Muxía, ao que superou na táboa, pero ao que a sanción dun punto o deixa fóra. O Soneira é o outro equipo que non está nos Oitavos.


Máis información

Artigos relacionados

Crónicas de Xuvenís

Fonte

Comentarios