O BNG de Laxe presenta unha moción para que o pleno rexeite os Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros
Foi en 2016 cando o Concello e as entidades sociais se unían para Declarar Laxe como Concello libre de Eólicos. O soño remataba en 2019 coa instalación do PE Pena Catasol, pero a semente segue prendida. E de feito, coñecemos os novos proxectos eólicos que ameazan a paisaxe laxense gracias ás entidades sociais.
Despois das alegacións presentadas por Adiante Vimianzo e o BNG, das denuncias públicas do xentes como Xan Fernández Carrera, continúan chegando o regueiro de accións para salvar os Penedos da invasión dos eólicos dos proxectos Monte Chan e Pena dos Mouros.
Hoxe, o BNG laxense informa de que ten presentado unha moción para que o pleno rexeite a instalación de parques eólicos na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba; para que o pleno amosa a defensa da integridade paisaxística da Área; así como que solicite aos técnicos municipais a elaboración de informes neste sentido. En defintiva, a moción solicita que o pleno informe negativamente, dentro do trámite actuacións previas ao estudo de impacto ambiental como administración pública afectada.
Para o edil Xosé Manuel Pose Lema, “a instalación de parques eólicos na contorna dos Penedos de Pasarela e Traba suporía un dano IRREPARABLE para esta Paisaxe Protexida, canto máis a ubicación dos 3 aeroxeradores moi preto da Cachucha (1) e tamén da Torre da Moa (2), tal e como se indica na memoria presentada pola empresa EDP Renovables”.
Pero vai máis alá o BNG de Laxe. “Danse moitas máis vulneracións graves en ámbolos dous parques:
- O Parque de Pena dos Mouros vulnera de xeito “flagrante” a Directiva Europea 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres, con “impacto ambiental severo” en canto a “afección aos recursos hídricos”, xa que se sitúa “na confluencia de tres concas: as concas costeiras (verten directamente ao mar) de Costa da Morte e Río de Traba; e unha interior, a do Río Grande. Na Enseada de Sabadelle concorren tres regos principais: o de Albariza, da Señora e de Sabadelle; mentres que o rego de Camelle faino na enseada do mesmo nome”.
Denuncia ademais a “Afección paisaxística severa”, pois a torre metereolóxica sitúase a só 630m da ZEC Costa da Morte e da ZEPA Costa da Morte Norte, e o aeroxerador máis próximo é o PDM-03 e sitúase a 890m. Ademais, o aerexenador PDM-07 atópase a 975m dos Penedos.
Denuncian a Afección severa á Rede Natura e ás varias catalogacións proteccionistas, así como a ”afección severa a Humidais”, como as turbeiras altas de Pena Tellada ou o Relanzo; as marismas Camelle; ou os esteiros de Os Muíños. - O Parque Monte Chan tamén vilnera a Directiva Europea, cunha directa afección ambiental e paisaxística severa aos Penedos. Explicn que o seu ámbito de implantación “englóbase na súa práctica totalidade nas unidades de paisaxe delimitadas no Plan de ordenación do litoral (POL) denominadas “Traba”, “ Val de Soesto” e “Os Penedos de Pasarela” (que ten moi preto, a penas 90m os dous aereoxeneradores máis ao sur do parque.
Denuncia que este Parque tamén trae afección directa á Rede Natura, ás diferentes Áreas de Interee Ambiental, á Paisaxe e aos humidais, como de Coto da Mina e Os Muíños.
Lembra ademais o plan de conservación do chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus L.), e da subespecie lusitánica do escribano palustre (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitanica Steinbacher).
E mesmo argumenta que “o Plan de xestión do lobo en Galicia” sinala Vimianzo como “zona 1, prioritaria á hora de aplicar e fomentar as medidas de prevención dos danos producidos polo lobo”; e Laxe como “Zona 3, onde non se autorizarán controis salvo casos excepcionais que terán que estar especialmente xustificados”.
Novas relacionadas
- 2019: Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
Novas sobre Os Penedos
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida.