Lola Rontano presenta o seu premio Torrente Ballester na casa

07:47 30/07/25
Van xa 7 anos dende que a nosa Lola Rontano recibía o Premio Torrente Ballester da Deputación. Pero por unha cousas e outras, a pandemia polo medio, nunca realizara a presentación da novela premiada na súa casa, en Laxe.
Así, este xoves 31 ás 20h na libraría Rison de Laxe, organiza un encontro (con ágape laico) coa excusa será presentar “Austroatlántica”.
A día de hoxe xa está traballando na próxima publicación da versión en castelán de “Esperta do teu sono”, a sua última novela relacionada coa loita social arredor da mina de ouro de Corcoesto, pero esta será unha boa ocasión para coñecer o primeiro gran recoñecemento como escritora a esta mestra murciana afincada en Laxe dende os tempos do Prestige.