Laxe e Vimianzo piden unha reunión con Patrimonio para saber o estado do Plan dos Penedos

Foi en novembro 2018 cando a Xunta 10 anos despois de prometelo, afirmaba que se puña a traballar no Plan dos Penedos. Pasaron outros 4 anos e nada sabemos nin os veciños, e case nin os propios representantes politicos municipais. A mediados de agosto, a Xunta volvía facer un anuncio, vía prensa afín, que remotaba o inicio deste procedemento, pero nada transmitiu aos concellos.
Ante esta situación de incerteza (ademais coa sombra dos proxectoxs eólicos sobre o espazo natural), onte, técni@s e rexedor@s dos Concellos de Laxe e Vimianzo mantiñan unha reunión para pedir unha reunión coa Dirección Xeral de Patrimonio e poder coñecer así os pormenores do Plan de Xestión dos Penedos de Pasarela e Traba.
Os dous Concellos continúa coordinados, e queren participar no proceso, e andan buscando fontes de financiamento para sustentar unha proposta inicial de proxecto de homologación da ruta de sendeirismo que implica tanto a Vimianzo como a Laxe, ao longo dun espazo natural e patrimonial que aproveita sendeiros tradicionais e servidumes de paso, a través das cales é posible percorrer unha dorsal que se alonga dende a Torre da Moa, pasando pola Pena Forcada, ata o Outeiro da Cachucha, con miradoiros naturais únicos sobre o Val de Traba.
NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
- Setembro 21: Patrimonio comprométese a rexeitar calquera proxecto eólico que afecte aos Penedos de Traba e Pasarela:
- Laxe e Vimianzo presentan o novo folleto coas rutas dos Penedos.
- 14-06-21: A veciñanza tamén dixo non aos Eólicos sobre os Penedos.
- 28-05.21: O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela.
- 23-05-21: A poesía voltou ao rescate dos Penedos.
- Maio 21: Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica.
- Abril 21: "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- 30-04-2021: Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela .
- 27-03-2021: O pleno de Laxe esquece os Penedos de Traba e Pasarela.
- "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- Febreiro 21: Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida