Martes. 17.09.2024
El tiempo

4 días de Loggin, Rock 'n Roll, risas, amigos... e Malpica!

4 días de Loggin, Rock 'n Roll, risas, amigos... e Malpica!
Malpica Longboard Classif-Foto

Arrinca este venres 29 o singular IV Malpica Longboard Classic 2016. E ata o luns a vila bergantiñá será a capital do surf e do Rock 'n Roll do país, sendo a única proba desta modalidade de Galicia, cun ambiente moito máis san que competitivo, a pesar de traer a grandes figuras internacionais deste deporte.

Poderás disfrutar dunha das ondas máis limpas da Costa da Morte. Pero IV Malpica Longboard Classic 2016 é moito máis que surf. O longboard (de día e de noite!) compaxínanse coas proxeccións e cos concertos (o venres cos carballeses Killer Kats e o sábado con Mad Martin), para pasar 4 días de patillas e cancletas. Haberá carpa, mercadillo, aparcamento para autocaravanas, e zona de acampada. Todo listo para que Malpica sexa invadida pola moda máis hispter.

I é que o Malpica Longboard Classic ten unha filosofia particular, e así o demostra o seu peculiar nacemento. Toni Varela, un dos organizadores, conta que este festival nacía nunha queimada realizada nunha rotonda, no marco dun gran festival surfeiro. “Por que non levamos a toda esta xente ata a nosa Costa e lle ensinamos a nosa Malpica?”.

Xa superan os 300 participantes, e ti podes inscribirte na web malpica.longboardclassic.es. Pero non e necesario subir á táboa, poderás achegarte por aí a disfutar do bo rollo desta xente!

Malpica Longboard Classic 2016  

Novas surfeiras

Fonte

Comentarios