luns. 04.05.2026
El tiempo

1ª FUTGAL: Xornada fatídica que deixa 3 equipos costeiros no pozo

Muxia-Bertamirans-Foto-Marina Busto
imaxe do Muxía-Bertamiráns-Fotos de Marina Busto
1ª FUTGAL: Xornada fatídica que deixa 3 equipos costeiros no pozo

Nova xornada terrible para os 5 equipos da Costa, con 5 derrotas que deixan 3 equipos pechando a táboa. O Fisterra, a 3 de Bastavales e Camariñas, depende dunha milagre, e o cadro camarián, despois de sufrir unha inesperada goleada na casa, terá unha finalísima o domingo que vén en Brión. O Bastavales venceu 1-3 no Vicente Carril, polo que só lle vale a vitoria aos de Juan Cabrejo para ter opcións de salvación.

Por arriba, o Muxía despediuse da promoción e pensa na final da Copa.

Muxia - Bertamiráns (0-1)

  • Muxía: Iván Bouzón, Anxo, Alex, Mauro, Antón, Brais, Iago, Manu Martínez, Adrián Alcaina, Manu Nogueira e Rober. Tamén: Joel, Fran Moreira, Vilela, Fanián, Carlos, Carlos Costa, Isma.
  • Gol: 0-1, m.27: Pablo Antelo.

Muxia-Bertamirans-Foto-Marina Busto 3

Foi un choque igualado cunha primeira metade na que os visitantes saíron mellor, chegando e facendo dano na meta de Iván Bouzón. Os muxiáns estaban espesos, non eran capaces de progresar, e nun roubo na saída do balón o Berta adiántábase nun man a man co meta muxián.

Cambiou o sistema o míster e o equipo mellorou, tendo 6-7 ocasións claras para empata, dous paus incluídos, pero desta a portería non quixo entrar. Quédalle aos de Pataca pensar na finalísima do 24 de maio.

Carlos Costa no Muxia-Bertamirans-Foto-Marina Busto

Fisterra - Cacheiras (0-4)

  • Fisterra: Joselu, Colombia, Dani, Piti, Maikel Mouzo, Juan, Luisete, Martín, Guille, Eze e Adrián Makaay. Tamén: Lois, Noé, Rubén, Quintela e Pablo Velay.
  • Goles: 0-1, m.8: Yago Ferreiro nun golazo dende fóra da área; 0-2, m.16: Carlos Besada nun córner; 0-3, m.32: Manuel Vaamonde nun córner; 0-4, m.60: Alberto Balsa.

Fisterra en Ara Solis

Nova derrota inapelable do Fisterra. Competiu o Fisterra, e iso que os visitantes, 3º na táboa, abrían pronto o marcador cun golazo tras unha xogada na que os fisterráns quedaron parados pedindo fóra de xogo. En pouco tempo chegaba o segundo e o terceiro en sendos córners, ao que xuntamos as lesións de Guille e Martín e o equipo queda en cadro aguantando pero competindo.

Camariñás - Cire (1-6)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, David, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, Javi. Joseba, Soule, Mario e Djibril. Tamén: Camilo, Pablo Novo, Brais, Norja e Adam.
  • Goles: 0-1, m.44: Álvaro; 0-2, m.48: Anxo; 0-3, m.51: Anxo; 1-3, m.53: Djibril; 1-4, m.55: David Pereiro; 1-5, m.68: Dani Pampín; 1-6, m.85: David Pereiro.

Puido ser peor partido que fixeron os camariñáns na tempada, xusto no peor momento. Parecía que era o Cire o que se xogaba medio descenso, e comezou moito máis metido no partido, levando a iniciativa e tendo as mellores ocasións. Aguantaban os locais, pero doeu moito o gol ao fío do descanso, nunha xogada nas que os camariñán pecaron de falta de intensidade.

Non saíron enchufados na segunda, e en apenas 5 minutos da segunda xa recibiran dous máis, cunha defensa moi feble. Recurtaron os costeiros, pero nunca e meteron do partido, e de contado os visitantes seguiron percuntindo e goleando, ante un equipo que se deixou ir no último treito.

Esteirana - Arzúa (1-5)

  • Esteirana: Guille, Kevin Rial, Tobío, Uxío, Adrián, Pachi, Raúl, Samu León, Antón, Oli e Foghete. Tamén: Nauzet, Pablo Rama, Code, Anxo e Godo.
  • Goles: 0-1, m.4: Daszkal; 0-2, m.37: Iván García; 1-2, m.75: Raúl tras un bo pase de Tobío; 1-3, m.79: Hugo Suárez; 1-4, m.81: Hugo Suárez; 1-5, m.88: Hugo Suárez.

Vai recuperando efectivos Adán, e nótase, pois competiu con todo un líder, e estivo metido no partido ata nos últimos 10 minutos. E iso que se marcou moi pronto o Arzúa, nada máis comezar, e tras unha primeira metade algo mellor, ampliaba a vantaxe antes do descanso. Pero non se descompuxo o equipo esteirán e seguíu metido no partido colocando mesmo o 1-2 a 15 do final. Houbo aí momentos de tensión, pero pouco despois nunha xogada en posible fóra de xogo, os visitantes facían o terceiro e rompían o partido. Aí, coa expulsión de Kevin, o equipo xa sucumbiu con dous goles máis.

Queixas - Castriz (3-2)

  • Castriz: Coke, Fabián, Marcos Mouro, Brais, Anxo, Saúl, Alberto Mata, Alemán, Charlie, Josiño, Juanjo. Tamén: Iker, Marcos, Adrián García, Luís, Oscar Feal, Fabio Barbeira e Fabio Blanco.
  • Voles: 0-1, m.6: Charlie dende fóra da área tras unha xogada con Juanjo; 1-1, m.45+1: Brayan; 2-1, m.64: Brayan; 3-1, m.70: en propia; 3-2, m.77: Marcos Mouro.

Adaptouse ben ao bo campo de céspede natural da Revolta o Castriz. Saíron moi ben os de Barca e moi pronto se adiantaron cun bo tiro de Charlie dende a frontal. Os locais foron apretando e co paso dos minutos, envorcando o campo e metendo centros á área. Sufríu aí no último treito da primeira metade o cadro xalleiro e aí chegaba o empate.

Saíron de novo ben os xalleiros, tendo mesmo un man a man de Josiño que lle parou o meta local. Pero en dúas xogadas a balón parado os locais, unha cun erro de marcaxe e outro en propia meta, os locais ampliaban vantaxe no ecuador do segundo tempo. O equipo recompúxose e acabou apretando moito para acadar o empate. Si que entrou un de Marcos Mouro, e a partir de aí tiveron de todas as cores os botando dous balóns no longueiro, unha de Fabiño ao pau… pero entre o porteiro e os paus, os xalleiros quedaron sen empate.

A nota negativa a lesión de Josiño (Jose Rey) lesionouse, que preto do final, nun balonazo fortuito nun brazo, acabou no Centro hospitalario de Santiago, sufriu unha fractura na muñeca e será operado esta mesma mañá.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios