Deteñen o suposto autor do roubo de Rocca entre outros delitos


Hai apenas unha semana que denunciabamos en QPC a desaparición por suposto roubo dunha cadela en Barizo. Afortunadamente anunciabamos a través de Salvacadelos un par de días máis tarde que aparecera. Hoxe sabemos como foi o rescate gracias á confirmaciñon da Garda Civil.
Explica a Benemérita que gracias á colaboración da Policía Local da Coruña, e seguindo as instrucións do Equipo de Investigación Roca situado en Vimianzo, veñen de deter ao principal sospeitoso dunha serie de delitos cometidos acontecidos nas localidades de Muxía, Malpica, Parador de Muxía e Carballo.
Entre eles precisamente ou roudo da cadela Rocca, da raza bulldog francés, cunha dona denunciara.
O suposto autor do roubo tamén levara varios quilos de chatarra, material de construción e unha carteira do interior dun vehículo que posteriormente utilizouse para realizar pagos en comercios da Coruña e ata se intentou sacar diñeiro coa mesma desde varios cajeros. Por todo iso, o Equipo de Investigación comezou unhas xestións encamiñadas a determinar a identidade do posible autor e cando ao fin tivo un sospeitoso, xunto co posible vehículo que utilizaba para cometer os actos ilícitos, pediu colaboración aos demais corpos policiais.
Seguindo as instrucións da Garda Civil, a Policía Local da Coruña puido dar o alto ao sospeitoso nun control rutineiro e pasar o inmediato aviso ao equipo Roca, que se trasladou ata o lugar rápidamente. Na furgoneta que conducía o detido púidose atopar diverso material que figuraba como subtraído e o seu acompañante pasou a ser investigado.
Novas relacionadas
Campaña de concienciación de Argos e Salvacadelos
- Campaña #Salvacadelos: De orellas e rabo.
- Campaña #Salvacadelos: Adoptar mellor que comprar.
- Campaña #Salvacadelos: Demasiados cans para poucos fogares.
- Campaña #Salvacadelos: Ponlle chip ao teu can.
- Un verán ateigado en Salvacadelos.
- Cumple a lei, identifica ao teu can.
Máis información de Salvacadelos
Salvacadelos é unha iniciativa solidaria desenvolta na rede por QPC e posta en marcha pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e patrocinada por Stolt Sea Farm e Prodemar. Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
Novas relacionadas
- Salvacadelos segue medrando.
- Salvacadelos ten novo fogar.
- Exemplos prácticos do ben que funciona Salvacadelos.
- Un perfecto modelo saído de Salvacadelos.
- A historia do gato e a salvadora Meme.
- A viaxe salvadora de Tripod.
- Pinio medra feliz en Suiza.
- A incrible historia de Pinio.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).