Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica

Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica
Los-Enemigos-no-Nordestazo-2014 Cartel da V Noite Rock da Tralla de Malpica de 2001 no Pub Leno

Volvían 13 anos despois ao peirao de Malpica, o mesmo lugar onde aquel 2001 e no marco do V Concerto da A.C. Tralla Malpica Noite Rock pechaban un ciclo musiqueiro na vila de Bergantiños. O pasado sábado, Los Enemigos voltaron cos seus míticos temas, tarareados polos seus fieis, aos que engadiron un par de temas do seu novo traballo, que sairá en setembro. I é que a “Revuelta Enemiga”, ese reencontro da banda a comezos do ano pasado, non quedou en só unha xira, senón que a banda de Josele, Fino, Txema e Manolo volve con máis forza que nunca.

O ambiente en Malpica era fantástico pola tarde, e a xente respondeu. Finalmente preto de 2.000 persoas ateigaron a zona do peirao para ver as diferentes bandas que conformaban o cartel, un cartel tremendamente rockeiro. I é que ademais de Los Enemigos, El Drogas, a lenda viva de Barricada, e Barón Rojo, outro dos grandes grupos do rock español de todos os tempos, estiveron no escenario coa súa aposta guitarreira salvaxe.

Ambientazo-no-Nordestazo-2014 Terbutalina no Nordestazo-Foto-Nordestazo

Antes subiran, abrindo o festival, os coruñeses Ånima, que deron paso a unha das bandas máis prometedoras (se ben xa son toda unha realidade) da Costa da Morte, os muradáns Terbutalina. Co seu punk gástrico tremendamente fácil de dixerir. Que mellor para quentar motores que un rápido e fugaz “Fai sol”.

Un ano máis a xente da A.C. A Tralla demostrou que Malpica ten un festival de 1ª División.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios