Los Suaves e Siniestro Total gastarán as nosas gorxas no Nordestazo 2015


Xa temos Cartel do Castelo Rock, pero o do Nordestazo 2015 non vai á zaga. Los Suaves e Siniestro Total serán os grandes cabezas de carteis dun festival que xa se atopa entre as citas obrigadas de todos os roqueiros de sempre do país.
O ano pasado foron Los Enemigos os que fixeron cantar aos millleiros de espectadores que encheron o peirao malpicán. Este vindeiro sábado 25 de xullo, Malpica acollerá esta cita na que gastaremos as nosas gorxas cantando esas míticas cancións que todos coñecemos.
Xunto ao par de bandas, das máis míticas da historia do rock&roll galego, estarán tamén a brava Sés, unha verdadeira nova xoia da música galega, Los Chavales, cos seus ritmos divertidos, Bala e Silvia Superstar, outra eterna da escena guerrilleira.


A presentación do Festival Nordestazo 2015 tivo lugar esta mañá no San Francisco, en Malpica, e que contou coa presenza de Juan Rodríguez Rivera, Director de Producciones Audiovisuales 15004, organizadora do Festival, Santi Romay, da Asociación A Tralla, que promove a iniciativa, Eduardo Parga, Alcalde de Malpica, e representantes das bandas participantes: Alberto Cereijo de Los Suaves, Sés, e Anxela de Bala.
Como dicimos, o Festival celebrarase en Malpica de Bergantiños o 25 de xullo, e as entradas poranse á venda esta medianoite en Ataquilla e Ticketea ao prezo de 15€ (oferta especial e limitada).
Aquí, un fermoso vídeo para convercernos un pouco máis:
Máis información
Novas relacionadas
- Herdeiros da Crus, Soziedad Alkoholika e El Drogas, cabezas do Castelo Rock 2015.
- Nordestazo 2014: Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica.
- Nordestazo 2013: Moito máis que un sábado de percebes e rockandroll.
- Nordestazo 2012: O Nordestazo xa é de Primeira División.
- Nordestazo 2010: O Nordestazou fixo tremer o porto de Malpica .
Máis novas da Axenda Sonora
- O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data.
- Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés.
- Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival.
- O Castelo Rock completa un cartel cargado de rock galego.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).