Malpica completa o compendio cultural de confinamento coa proposta "Xanelas abertas"

12:56 08/05/20
Ademais da “Galería Vinte Vinte”, e do concurso de pintura da Olería de Buño, o Concello de Malpica propón a iniciativa ‘Xanelas abertas’ para finalizar o compendio cultural proposto durante o estado de alarma
A través desta actividade, a veciñanza poderá enviar pinturas e debuxos, que posteriormente conformarán unha exposición.
A concelleira de Cultura, Leticia Varela, quixo destacar que “trátase da guinda a unha serie de traballos previos non só para manternos ocupadas durante o confinamento, senón tamén para resaltar o valor da cultura e de crear recordos, que nos conforman como sociedade ao fin e ao cabo”, finalizou.
Concursos resoltos
- O estudante Jesús Miguel Goimil Ares gaña o I Concurso de microrrelatos #carballomola.
- O laxense Alberto Lago gaña o I Concurso de Contos Mariños
Outros Concursos en marcha
- Carballo si quere celebrar o 17 de maio con outro certame de instagram
- “Galería Vinte Vinte”, o novo concurso de fotografía do Concello de Malpica para crear unha exposición.
- Suso Bahamonde lanza o seu propio certame de microrrelatos pandémicos.
- Carballo conta o que ve dende a súa ventá.
- A Olería de Buño propón un novo certame de pintura.
- Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA.
- Un concurso de microrrelatos para pasar a corentena