mércores. 14.05.2025
El tiempo

Malpica prepárase para un Nordestazo Loco

Malpica prepárase para un Nordestazo Loco
Camisola do Nordestazo Rock 2013

Este xoves ás 19:00h péchase o prazo para mercar entradas para o Nordestazo Rock de Malpica. Así eses rezagados que non queredes perder o cartelazo deste 2013, poñédevos as pilas. A organización, a AC Tralla, sempre garda unhas 500 entradas para os rezagados, pero cómpre non arriscar...

Ademais, xa podedes ir facendo plans, porque este día 13 teremos un espectacular sábado de percebes e rockandroll gracias aos buses que pon a organización. I é que a “Festa do Percebe do Roncudo tamén é moita festa e son perfectamente compatibles.

E parece que vai facer un día e unha noite estupenda, como nos contan os compañeiros de 4gotas, polo que se prevé un auténtico abarrote logo do ascenso á 1ª División do ano pasado.

Un festival que segue crecendo, e que non ten miras de parar, dado o gran traballo da xente da Tralla na organizaciónc, conseguindo que toda a vila se involucre.

Sen máis, estes son os horarios, así que non perdades ollo.

Nordestazo Rock Malpica 2013-Horarios

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios