Xoves. 05.08.2021
El tiempo

A música volve a Buño da man do Orballo Cultural

Concerto do Orballo Cultural no Buno Demostra
Concerto do Orballo Cultural no Buño Demostra do ano pasado
A música volve a Buño da man do Orballo Cultural
Buño volverá ter, como o ano pasado, música. E como non, da man do Orballo Cultural, a proposta festivaleira costeira que máis está facendo música esta pandemia por todo o país.

Desta volta co espítiru de unir cultura, patrimonio e natureza, preséntase esta fin de semana unha das citas máis especiais de todo o verán. Será no Ecomuseo Forno do Forte onde sábado e domingo se poderá desfrutar por todo o alto. O sábado pola tarde, a partir das 18 será o turno de Caldo e Akazie, mentres que o domingo pola mañá, a partir das 12, tocaralle a Johny B Zero e aos Wavy Graves, que están a deixar grandes impresións por toda Galicia.

No caso de que a choiva volva a ameazar con estropear os eventos, hai preparada unha sala próxima na que se poderían celebrar aínda que, de todas formas, calquera nova acerca destes concertos será anunciada nas redes sociais de Orballo Cultural, facebook e instagram.

Por último, se non queres perder esta data tan máxica, merca xa a túas entradas para o sábado, pois as do domingo xa están esgotadas. Como sempre, en www.orballocultural.gal.

Novas relacionadas

comentarios