Martes. 10.09.2024
El tiempo

Non todo é nadar

Non todo é nadar
Organizacion da Travesia a nado Sisargas-Malpica colabora co Banco de Alimentos Travesia Illas Sisargas 2015

Non todo é nadar. Así o demostra a A Organización da Travesía a Nado Sisargas-Malpica que vén de amosar a súa colaboración co banco de alimentos, demostrando que ademais de deportiva, falamos dunha proba solidaria.

Os organizadores doaron ao banco de alimentos do Concello de Malpica un total de 150 quilos de comida, un por cada participante. Daniel Gambón, en representación do Club Travesía Sisargas, fixo entrega ao alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e á concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, de champiñóns, chícharos, cenoria, albóndegas, fabada, lentellas, garavanzos, salsa de tomate, fariña, aceite, azucre, cacao en polvo, atún... todo ilo adquirido na cadea de supermercados Gadis, que colabora coa proba.

A travesía xa ten o cupo pechado

A Travesía a Nado Sisargas-Malpica celebrarase o vindeiro 9 de agosto. Os participantes terán que percorrer 4,2 km. en mar aberto, dende a Sisarga Grande, ata onde irán embarcados, pasando polo cabo de San Adrián e a Punta de Seaia ata chegar á praia de Malpica. Un dos aspectos máis importantes da proba é a seguridade. O dispositivo estará integrado por 10 postos de vixilancia por terra, boias de sinalización do percorrido, ambulancia, lanchas de apoio, barco escoba, lancha de coordinación e equipo médico, lancha de intervención e kayaks de apoio.

O interese que esperta a Travesía a Nado Sisargas-Malpica non deixa de aumentar dende a primeira edición. Este ano as 150 prazas dispoñibles completáronse xa nos primeiros días.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios