Martes. 30.04.2024
El tiempo

Novos cursos de formación laboral en Bergantiños

Novos cursos de formación laboral en Bergantiños
FOrmacion laboral

Os concellos de A Laracha, Carballo e Malpica de Bergantiños que veñen de solicitar unha subvención para a posta en práctica dun Programa Integrado de Emprego (PIE) entre este ano e o vindeiro. O obxectivo é mellorar as posibilidades de inserción laboral de 60 persoas desempregadas, sobre todo das que teñen maiores dificultades para acceder a un posto de traballo, e reorientalas cara os sectores produtivos con maiores índices de inserción profesional na súa área de influenza. Segundo os datos do Servizo Público de Emprego a decembro do 2014, os tres concellos aglutinan a 5.374 desempregados, o que supón un 72 % do total de Bergantiños.

O Programa Integrado de Emprego desenvolverase en cooperación cos diferentes axentes económicos con presenza nos municipios de Carballo, Malpica e A Laracha: asociacións de comerciantes, centros comerciais abertos, asociacións económicas e profesionais... As accións de formación específica prevista son as seguintes:

  • Caixeiro/a – atención ao cliente (420 horas).
  • Mozo/a de almacén – repoñedor/a supermercado – manexo carreta elevadora (390 horas).
  • Dependente de carnizaría (310 horas).
  • Dependente de peixaría (310 horas).
  • Elaboración de repostería (230 horas).
  • Elaboración e presentación de tapas, pinchos e canapés (300 horas).

Todos os cursos serán impartidos por persoal cualificado, e para que a formación sexa o máis completa posible está previsto que os participantes realicen prácticas en empresas.

O programa inclúe, ademais, accións de formación transversal que abranguen dende a orientación laboral ata a promoción do emprendemento e a potenciación da marca persoal para a busca de emprego, ademais de módulos sobre prevención de riscos laborais e manipulación de alimentos.

Tamén se levarán a cabo accións de prospección entre as empresas asentadas nos tres concellos para acadar un mínimo de 18 insercións laborais. Deste labor encargaranse dous titores, que realizarán visitas individualizadas a empresas dos sectores o comercio e a hostalería.

O PIE de Malpica, Carballo e A Laracha terá 12 meses de duración, dende o 1 de setembro deste ano ata o 31 de agosto do 2016. As accións formativas repartiranse entre as instalacións dispoñibles nos tres concellos. O custo total do programa é de 158.400 euros.

Poden preguntar nos Concellos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios