Sábado. 07.09.2024
El tiempo

O PSOE de Malpica pide a dimisión de Cañizo

alfredo canizo Malpica
O PSOE de Malpica pide a dimisión de Cañizo

“Alfredo Cañizo non pode seguir nin un día máis no concello, ten que dimitir e, se non dimite, tería que cesalo o alcalde ou dimitir o propio alcalde”. Así o entende o voceiro do PSOE de Malpica Walter Pardo.  “Xa son moitos e moi variados os enfrontamentos e encontronazos con distintos colectivos sociais, económicos e culturais de Malpica”, sostén despois de coñecer a decisión da Comisión de Festas Mallas da Area de non organizar as Festas do Mar.

Pardo lembra os problemas que Cañizo ten coas tres asociacións culturais do concello (Malante, Carcaxía e Raigañas); lembra tamén que por non ir ao irmandamento con Malpica de Tajo, nos dous últimos anos non foron invitados á Festa Galega; lembra o enfrontamento coa Asociación de Oleiros de Buño, ademais de coa comisión de festas Mallas de Área.

“Nós xa sufrimos a este señor no goberno e parámoslle os pés, o que nos costou unha moción de censura do PP con el; uns defendimos os intereses dos veciños e veciñas de Malpica e o pagamos cunha moción de censura, mentres que o PP prefire tragar, consentir e permitir”, recoñece Pardo.

“Chove sobre mollado e o alcalde, que é o que ten as competencias, non fai nada e mira para outro lado, consentindo”, lamenta o PSOE, que fai referencia ademais “aos 1.800.000 euros en facturas sen pagar que acumula o concello”.

Máis novas

Comentarios