O PSOE solicita a ampliación de 200 metros do dique de abrigo de Malpica

Continúa a Xunta, máis de 4 anos despois do pasamento do patrón do Silvosa, sen dar solución aos problemas de seguridade no porto de Malpica. Apenas unha esmola de 25.000€ incluíu a Xunta para o asunto nos orzamentos deste ano, pero polo de pronto, e mnetres cada día os mariñeiros da vila se xogan a vida entrando e saíndo polas comportas, non hai ningunha acción.
Hoxe o PSOE anuncia unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta a ampliación de 200 metros no dique de abrigo do porto de Malpica. O responsable socialista Luís Álvarez, tras reunirse co ex alcalde e candidato socialista Walter Pardo, para preparar as propostas.
Álvarez cualificou esta petición como “xusta, lexítima e razoable”, e que suporía un “cambio substancial” para Malpica, polo que lle reclamou ao goberno galego que “aposte polo porto e polo concello de Malpica. Pardo sinalou pola súa banda que Malpica necesita desta actuación “polo ben dos mariñeiros, da economía local e polo ben dun pobo, da súa seguridade e da súa economía”.
Walter explicou que "a ampliación do dique de abrigo faría de Malpica un porto de referencia” en Galicia, e permitiría ademais o atraque dos arrastreiros para descargar mercadoría. Advertiu que “a vida de Malpica nace arredor dun porto que estamos a ver día a día que está a quedar sen actividade, o que provoca a diminución da poboación” da localidade.
Novas da seguridade na dársena de Malpica
- Novembro 22: O PSOE critica a mísera partida dos Orzamentos da Xunta para a seguridade na dársena de Malpica
- Xaneiro 22: O BNG presenta outra moción para axilizar as obras de seguridade do porto de Malpica.
- Novembro 21: O Parlamento acorda, con unanimidade, afrontar as actuacións de seguridade do porto de Malpica:
- Abril 21: “Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”.
- 19-02-2021: Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica. Continúa o estudo experimental para establecer un sistema de comportas no peirao.
- Febreiro 2020: Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica.
- Decembro 2020: A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa.
- Agosto 21: As obras do porto de Malpica seguen a medias.
- Febreiro 2020: A Xunta pide paciencia para acometer as obras de seguridade do peirao de Malpica.
- Outubro 2019: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Decembro 19: Comeza a instalación do radar que permitirá definir o proxecto de mellora da seguridade no peirao de Malpica.
- Oubturo 19: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Outubro 19: Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto.
- Xullo 19: A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao.
- Xullo 19: Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica.
- Febreiro 19: Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica.
- 31-01-19: A oposición ao completo obriga no Parlamento á Xunta a tomar medidas para o porto de Malpica.
- A seguridade no porto de Malpica volve ao Parlamento.
- A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
- Decembro 18: Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte.
- 20-12-2018: O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.