O PSOE critica a mísera partida dos Orzamentos da Xunta para a seguridade na dársena de Malpica
- O PP e Portos de Galicia esíxenlle á Confraría que regularice a concesión dos seus edificios e o pósito critica o exceso de burocracia

Xa calificou o voceiro socialista local Walter Pardo como “esmola” a partida de 25.776 euros para a mellora da seguridade na dársena que a Xunta incluíu nos Orzamentos de 2023. Onte, foi a portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, a que trasladou á Comisión de Pesca do Parlamento Galego o malestar malpicán ante o que consideran “un insulto” á veciñanza e aos mariñeiros.
Otero lembrou o fatídico accidente de 2018 no que falecía o patrón do Silvosa, dando conta de que xa van 4 anos “dando largas” a pesar das continuas peticións da oposición e mesmo das familias dos mariñeiros. O certo é que malia que hai xusto un ano Parlamento acordaba, por unanimidade, afrontar as actuacións de seguridade do porto de Malpica, neste 2022 non se realizou ningunha actuación, e dende a Consellería aseguran seguir cos estudos experimentais das mareas.
Ademais, sinalou que o goberno galego non destina un só euro á mellora das instalacións do edificio da Lonxa e da nave de redeiras, para resolver os problemas coa cuberta, a construción de aseos ou o portalón de peche. Otero considera “necesario e de xustiza” que estas traballadoras conten cunhas instalacións dignas nas que traballar, “onde non chova nin morran de frío” e que poidan contar con “duchas e baños decentes”.
Regularización na Confraría
Mentres, o grupo popular o que pedía onte na Comisión era que a Confraría de Pescadores de Malpica realizase a regularización dos seus edificios. Rubén Lorenzo sinala que Portos de Galicia “xa realizou múltiples requirimentos para emendar a falta de título concesional na que se atopan o edificio da lonxa e a fábrica de xeo”.
Dende o pósito critican o exceso de “burocracia”, pero sinalan que “están en trámite as concesións pero como se soe dicir a burocracia é lenta, dificultosa e con mil papeis”. Critican de feito que hai polo menos unha persoa que leva máis dun ano con trámites en Portos para montar un negocio no porto malpicán pero as trabas son enormes. Algo semellante que pasa coas concesións das casetas porturarias que hai a carón do lado da depuradora, que sacaron o concurso hai case un ano e aínda non se resolveu.
Novas da seguridade na dársena de Malpica
- Xaneiro 22: O BNG presenta outra moción para axilizar as obras de seguridade do porto de Malpica.
- Novembro 21: O Parlamento acorda, con unanimidade, afrontar as actuacións de seguridade do porto de Malpica:
- Abril 21: “Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”.
- 19-02-2021: Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica. Continúa o estudo experimental para establecer un sistema de comportas no peirao.
- Febreiro 2020: Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica.
- Decembro 2020: A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa.
- Agosto 21: As obras do porto de Malpica seguen a medias.
- Febreiro 2020: A Xunta pide paciencia para acometer as obras de seguridade do peirao de Malpica.
- Outubro 2019: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Decembro 19: Comeza a instalación do radar que permitirá definir o proxecto de mellora da seguridade no peirao de Malpica.
- Oubturo 19: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Outubro 19: Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto.
- Xullo 19: A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao.
- Xullo 19: Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica.
- Febreiro 19: Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica.
- 31-01-19: A oposición ao completo obriga no Parlamento á Xunta a tomar medidas para o porto de Malpica.
- A seguridade no porto de Malpica volve ao Parlamento.
- A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
- Decembro 18: Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte.
- 20-12-2018: O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.
Novas dos Orzamentos
- O PSOE de Corcubión presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta e pide case 3 millóns de euros para.
- O PSOE Costa Atlántica lamenta a falta de compromiso dos Orzamentos da Xunta coa Autovía.
- Socialistas de Bergantiños critican a falta de investimento na comarca.
- Socialistas de Coristanco e Malpical lamentan a falta de investimentos nos Orzamentos da Xunta.
- O BNG critica que os Orzamentos da Xunta inclúan partidas repetidas dende hai 12 anos.
- Os Orzamentos da Xunta inclúen, un ano máis, unha partida para o Corredor Baio-Berdoias.