O Camiño dos Faros cumpre 4 anos
15:59 07/12/16
Paraxes como a da Mexadoira son as que convirten o Camiño dos Faros nun recurso turístico ideal
Un 7 de decembro de 2012, arrincaban dende Malpica 6 trasnos e dous trasnocans, coa intención de ver se era posible chegar dende o porto de Malpica ata o Cabo Fisterra sen desviarse da Costa. Nacía aí o Camiño dos Faros, unha iniciativa puramente social, un proxecto nado do seo veciñanza, que está a revolucionar o sector turístico da Costa da Morte.
En febreiro de 2013, Traski e os seus colegas presentaban o proxecto en sociedade, na rede, abertamente e sen “politiqueos”. Un 28 de abril de 2013, arrincaban 23 trasnos de Malpica, para facer a primeira etapa da primeira edición conxunta do Camiño dos Faros. Dous anos máis tarde, en marzo de 2015 eran máis de 1000 os transos que se apuntaban a estas etapas en familia.
Pasaron 4 anos, e milleiros de trasnos descubriron o meirande tesouro natural da nosa bisbarra, o noso salvaxe litoral. Trasnos de fóra, visitantes que deixan a súa peqgada económica na bisbarra, pero tamén trasnos da casa, que se decataron das marabillas que agochaba a súa terra e que nunca gozara deste xeito. “Conseguimos aproveitar un recurso incrible que tiñamos na bisbarra completamente esquecido para convertir a Costa da Morte nun referente en materia de turismo sustentable”, cóntanos con orgullo o Traski primixenio, un simple veciño comprometido da zona que quixo e quere gardar o anonimato para darlle o protagonismo á terra. “Moitas cousas cambiaron dende que arrincamos aquela mañá da ponte de decembro de 2012. Creo que a xente vai valorando a Costa que ten, e valora moito mellor o sendeirismo e o turismo natural”.
Ata grupo de fineses chegan para facer o Camiño dos Faros
É difícil calcular o que deixa o Camiño dos Faros. E difícil valoralo tanto en materia económica (os gastos en hostais, hoteis, bares, supermercados ou en taxis, o gremio máis beneficiado da chegada destes amantes da natureza), como en temas de concienciación medioambiental, social e cultural. O que parece claro é que os dous produtos turísticos máis importantes da Costa da Morte (este emais o Camiño de Santiago) pasan polo sendeirismo e o turismo natural. Témolo que ter en conta sabendo ademais que día de hoxe o Camiño dos Faros é o produto turístico máis atractivo da Costa da Morte nas Feiras Turísticas Internacionais.
A nivel municipal parece evidente que o Camiño dos Faros supón máis dende Camariñas cara o norte que na zona sur, onde o Camiño de Santiago xa ten acostumado aos veciños a ver pasar mochilas e mochilas. Aínda así a repercusión é máxima en todo o litoral, como o refrenda a “economía emerxida no “localitos” por onde pasa o Camiños, Os bares de lugares como Mordomo, Barizo… viron a luz, apunta Traski.
O GR, básico para o crecimento
En novembro de 2015, a Asociación e os 9 concellos asinaron un convenio para homologar o Camiño como Ruta de Longo Percorrido (GR) co financiamento da Deputación. Será a Asociación a que execute o programa e a Federación de Montañismo a que dea o ok para homologalo. Agora está a piques de ir ao pleno da Deputación para conseguir o financiamento, pero a entidade provincial xa ten demostrado o seu interese no Camiño dos Faros e seguro que pronto sae adiante. Xa teñen preparado o estudo de definición do sendeiro para entregar á Federación, de aí haberá que facer as marcaxes, limpezas edemais para a homologación final, non sen antes pasar polas mans de Portos, Costas… e demais “burrocracia”. "O máis importante é a conservación do espacio tal cual está, con respecto máximo e un percorrido o máis sostible posible", apunta Traski, recordando a filosofía do proxecto. Para a Asociación Camiño dos Faros esta homologación será unha das grandes vitorias. “Coa consecución do GR aseguras o futuro do Camiño dos Faros, pois a Asociación pode desaparecer e o Camiño seguirá”, comenta Traski. “Ademais aseguras unha promoción importante en publicacións de sendeirismo de toda Europa”. Déixanos pendentes tamén doutras iniciativas e homologacións que están en marcha a nivel europeo, pero que non sairán ata o GR sexa unha realidade. Sobre a implicación da bisbarra, Traski recoñece que “os Concellos estiveron implicados dende o principio”, pero a realidade é que o teñen todo feito. Limpar ou desbrozar os camiños, que era o seu cometido principal, limparon todos, ou case, e agora toca remar politicamente para sacalo adiante o máis rápido posible. Así, coa homologación a limpeza e mantemento dos camiños terase que organizar de xeito oficial.Comercialización
Cómpre falar tamén do acordo que o Camiño dos Faros ten asinado coa axencia Travels to Finisterre. “Era un servizo necesario para comercializar o Camiño,expansión do Camiño ao exterior e para ofrecerle a trasnos un paquete completo. O Camiño necesitaba colaborar cunha empresa da zona, una axencia profesional, e co acordo os resultados inciden directamente no propio proxecto. Así conseguimos auto financiarnos e non depender de axudas públicas, un dos obxectivos do proxecto", recoñece Traski. Pola súa parte, a empresa ceense está totalmente implicada na expansión deste impresionante recurso turístico de incalculable valor para a nosa bisbarra.Novas relacionadas
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto.
- Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Novembro 2015: A TVE é trasna de faro en faro.
- Xullo 2015: O Camiño dos Faros afía o seu proxecto como ruta de Gran Recorrido.
- Marzo 2015: Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Decembro 2014: Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- Xullo 2014: 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Abril 2014: Un ano de trasnos.
- Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
Fonte
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])