Xoves. 03.10.2024
El tiempo

As gaiolas de salmón de Muros tamén chegan ao Parlamento Europeo

As gaiolas de salmón de Muros tamén chegan ao Parlamento Europeo

Non quedará en Galicia a problemática das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia. O rexeitamento social e do sector pequeiro muradán xa se fixo patente mesmo coa denuncia presentada ante a Fiscalía. Pero tamén chegará ao Parlamento Europeo tralo informe enviado á Comisión Europea a Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca e a Dirección Xeral de Medioambiente.

Un informe avaliado por organizacións medioambientais, ONGs, entidades do propio sector pesqueiro e de outros ámbitos, pescadores e armadores da Ría de Muros e Noia. Nel infórmase sobre os riscos e impactos medioambientais das gaiolas de salmón atlántico que se pretenden instalar na Ría de Muros e Noia. En este documento se amósase a oposición á instalación de estas gaiolas, así como de todos los prexuízos que pode ocasionar a instalación das gaiolas para o cultivo intensivo de esta especie.

A intención de facer trascender a problemática ás administracións Europeas non é outra que a de impedir que se siga con esta experiencia e frear a colocación das gaiolas para o cultivo intensivo, o que provocaría na ría un gran impacto negativo nun ecosistema mariño dunha gran riqueza e que sirve de medio de vida de forma directa o indirecta á maioría das persoas que viven nesta rexión.

O informe que se presenta conta cos apoios, entre outros, de Oceana, Greenpeace, Ecologistas en Acción, WWF, Adega,Verdegaia, Salva la Selva, Asoar-Armega, ou armadores e mariñeiros afectados e foi enviado ás Comisións de pesca e medioambiente da Unión Europea.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa de ASOAR- ARMEGA.

Comentarios