Carnota e Muros arman dous entroidos parroquiais

Percorrerán as parroquias os Entroidos de Muros e Carnota 2014. Coa participación das asociacións, estes son as propostas:
Entroido de Muros 2014

Arrinca xa o mécores 26 con contacontos de entroido en Esteiro da man de Marisa Irinia. Unha cita para os que peques que repetirán Raquel Queixas o xoves, e tamén para os nenos, a Festa Infantil do venres.
O sábado 1 xa comeza o lío, con tarde para os pequenos e a Gran Festa de Disfraces na carpa para a noite, con mais de 1.000€ en premios no Concuso de Comparsas.
Pechará o entroido, o mércores 5 de marzo o Enterro de Don Facundo, un dos que engrandecen a tradición dos Enterros de Entroidos na Costa da Morte.
Entroido en Carnota das asociacións e as parroquias

Con este cartel tan “costeiro” (…) o Concello de Carnota achega o seu programa. O venres 28 de febreiro, Praza de San Gregorio, comeza o entroido para pequenos e para maiores en Carnota, cun Concurso de comparsas, chocolate e bizcochadas, e Pasarrúas cos tabernícolas do leiradal.
O sábado 1 tócalle o relevo ao entroido en lariño da man da Asociación Insua; en Lira coa Canle e no Pindo coa Pedramar, que tamén terá no domingo 2 a súa gran cita co concurso de Disfraces da Solaina en clave de western.
O martes toca en Caldebarcos, cunha das citas más tradicionais da volta, recuperando persoeiros de entruido moi peculiares.
E pechará o entroido o Enterro da Sardiña de Lariño, a golpe de mércores ás 18:00h.

Novas relacionadas
- 2013: Entroido Costa da Morte, primeiro asalto en Carnota.
- 2013: Muros pechou o Entroido cun fúnebro Entroido de Don Facundo.
- 2012: A sátira invadíu os entroidos de Carnota, Lira e O Pindo.
Entroidos na Costa da Morte
- Carballo pon a máscara.
- Volverán as míticas comparsas ao Entroido de Corcubión?.
- Cee prepara un Entroido de Comparsas e Carrozas.
- 15 asociacións montan un mes de Antroido de Malpica.
- O Rei do entroido da Costa da Morte xa ten 5 comparsas e pregoeiro.
- Zas e Mazaricos preparan o seu Entroido.
- #DumbríaéEntroido.
- Os Pinchos e o Enterro do Percebe volven protagonizar o Entroido de Muxía.
- Vimianzo recupera o seu entroido dominical.
- Laxe e Cabana xa preparan o seu Entroido veciñal.
- O Pindo terá un Entroido de Western.
- Un Entroido para unir e divertir en Cerqueda.
- O Entroido de Fisterra 2014 xa ten cartel.