luns. 17.02.2025
El tiempo

Costa da Morte

#SoandoconForza: "Goodbye Horses", o documental de Q Lazzarus

Este ano chega "Goodbye Horses: The Many Lives of Q Lazzarus", o documental sobre Diane Luckey, a enigmática cantante norteamericana   coñecída como "Q Lazzarus".

Malia a desafortunada carreira musical que tivo Q Lazzarus durante o período de 1985 a 1995, foi tempo máis ca suficiente, para que por casualidades da vida, durante unha das súas xornadas laborais exercendo de taxista, coincidise co director de cine Jonathan Demme que quedou abriado coa música que soaba na radio e que non era outra máis ca propia Q Lazzarus.

Jonathan Demme usou a música de Q Lazzarus en catro das súas películas e a canción "Goodbye Horses" en dúas, Casada con todos (1988) e en O silencio dos cordeiros (1991), sendo en esta última onde se deu a coñecer e acadou o recoñecemento de canción de culto, reivindicada por varias bandas coas súas versións e sendo usadas en infinitas sesións de picadiscos.

 

 

Formar parte de bandas sonoras de películas non foi impulso suficiente na carreira musical de Q Lazzarus, que decepcionada coa industria musical, desapareceu sen deixar rastro especulándose incluso coa súa morte, ata que 2019, outra coincidencia como condutora levouna a atoparse con Eva Aridjis, a directora de este documental. Desgraciadamente Q Lazzarus faleceu en 2022 antes de rematar de gravarse a película.

 

CUESTIONARIOS DE MAIKEL PÉREZ CASTRO

MÁIS PARECIDOS RAZONABLES

CARA B

#SOANDOCONFORZA

#SoandoconForza: "Goodbye Horses", o documental de Q Lazzarus