Muros entrega a recadación da Milla Solidaria á Asociación contra o cancro


Novo exemplo de como funciona a solidariedade nestas datas de Nadal. Un novo exemplo víveo Muros nestas datas e trala celebración da Milla Solidaria "Muros contra o Canctro 2013", no pasado mes de outubro, onte tiña lugar a entrega do recadaudado á Asociación Española Contra o Cancro.
Así, a Concelleira de Servizos Sociais, Sandra Maneiro Pais, fixo entrega da recadación pola venda de merchandising e pola inscrición solidaria de máis de medio centenar de participantes, que facía un total de 1332,55€, ás representantes da Asociación Española Contra o Cancro.
O lema deste ano era directo e incitaba á colaborar: “vai ao teu ritmo, correndo ou andando…pero PARTICIPA”. O caso é axudar.
Mercadiño Solidario

E axudar tamén era o sentido do Mercadiño Solidario que tivo lugar o pasado venres 13 no Edificio do Mercado de Muros. Entidades como EEI de Muros, EEI de Tal, CEIP de Louro, CEIP Ramón de Artaza, CEIP Ricardo Tobío, IES Fontexería, Centro ocupacional de Valadares e obradoiros de Arte floral, puxeron os seus postos para recadar fondos e destinalos a Cáritcas.
Novas solidarias
- As asociacións de Vimianzo únense nunha Plataforma Solidaria.
- O Instituto Solidario.
- 20 familias de Malpica reciben axuda en forma de alimentos.
- En Carnota xa non queda cativo sen xoguete.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- Íntegro animou aos alumnos de Baio a sacarse o Pasaporte Solidario.
- Solidariedade por deporte en Carballo.
- Camariñas adica o seu Mercadillo Solidario de Nadal a Filipinas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).