Venres. 03.12.2021
El tiempo

A cultura muxiá resoa como a Pedra de Abalar

A cultura muxiá resoa como a Pedra de Abalar

Este pasado sábado 22 de outubro de 2011 a Fundación Gonzalo López Abente presentou unha das súas primeiras publicacións. E o fixo como non, en Muxía, co libro inédito "Bretemada", do poeta muxián que da nome á Fundación.

No acto participaron o Alcalde de Muxía e Presidente da Fundación, Félix Porto, o Presidente da Real Academia Galega X. L. Méndez Ferrín, o autor da edición Miro Villar e Henrique Alvarellos e Olivia Rodríguez, editor e directora da colección Rescate, respectivamente, de Alvarellos Editora.

Dá gusto ver como estes actos de índole cultural son ben recibidos na vila da Barca. Dá conta da incidencia da Fundación na veciñanza, algo fundamental para o bo resultado dos seus traballos.

Así, veciños e personalidades do eido cutural da Costa da Morte arrexuntáronse ao carón deste poemario que dá un repaso pola metonimia do país. O Presidente da Real Academia, o mitico Mendez Ferrín, destacou o labor da Fundación e especialmente a recuperación de este inédito de López Abente, un libro que abre novos camiños de investigación na historia da literatura galega e na obra de López Abente facendo que no mundo cultural e literario “Muxía resoe con forza como a Pedra de Abalar”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios