A Asociación Gervasio Sar fai un recoñecemento á Marea Branca

A asociación Gervasio Sar de Muxía decidiu aproveitar a data dos 20 anos do Prestige para reafirmar o peso da historia, para facela máis visible, recoñecible e perdurable nas mareas da memoria.
A entidade quere poñer o foco na parte postivia xerada arredor da catástrofe: a coperación, o altruísmo, o civismo e a vontade de colaboración, ben resumidos na actitude do voluntariado. Por iso organiza estas xornadas o venres
18 de novembro ás 19:00 da tarde no Salón do Edificio Multiusos.
Mesa redonda
Na mesa “vinte anos do Prestige, como o viviron?” participarán na mesa redonda:
- José Vicente Domínguez. Capitán de pesca, capitán da mercante. Traballou nun petroleiro similar ao Prestige. Ocupou cargos na administración pesqueira. Escritor. Publicou numerosos artigos sobre a navegación e a actividade marítima.
- Sven Schwebsch. Voluntario alemán do Prestige, afincado en Carnota.
- Javier Sar. Armador e patrón maior naquela época.
- Toñico Haz. Percebeiro.
Estrea dun documental
Antes do inicio da mesa redonda se exhibirá o documental “Nunca máis; marea de dignidade” producido por saga TV e da autoría do cineasta Marcos Gallego, director do festival do cine documental Mares do Mundo.
O documental é unha reportaxe que retrata a través da mirada de reporteiros gráficos e xornalistas de medios internacionais cal era o clima social e político que se vivía en Galicia. É a primeira vez que se estrea na Costa da Morte.
Actuación musical
Como novidade e para pechar o acto actuará o acordeonista Fernando Fraga. O músico dirixe a Escola de Música e a banda municipal de Cee. Fraga é profesor no Conservatorio da Coruña. Acompañou entre outros a Carlos Núñez.
ARTIGOS RELACIONADOS
- José Luís Louzán: Que vinte anos son nada….
NOVAS DO PRESTIGE
- A Costa da Morte levou a voz do marisqueo a Bruxelas.
- O BNG destaca en Camelle a “loita colectiva da sociedade contra a infamia e a competencia na xestión do Prestige”.
- Muxía, km.0 da comunicación polos 20 anos Prestige.
- Unha necesaria xornada de homenaxe á sociedade civil que salvou a Costa.
- Que foi do chapapote do Prestige?.
- Lembrando o Prestige en formato podcast.
- Gonzo: “A política de desinformación do goberno co Prestige está moi de actualidade”.
- “O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”.
- Mulleres tecendo memoria: Nunca máis chapapote patriarcal.
SEGUEMENTO DO XUÍZO DO PRESTIGE, POR JOSÉ LUÍS LOUZÁN
- Decembro: 2013: Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige:
- 13-11-13: Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.