Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía intenta normalizar o diálogo

  • A corporación salvará o POS nun pleno este luns a condición de que se rebaixe o ton e que se negocie os vindeiros POS
A corporación de Muxía chega a un consenso para aprobar o Plan Único e salvar máis de 500.000 euros destinados a obras e melloras no municipio
Este luns hai novo pleno
Muxía intenta normalizar o diálogo

Despois de meses de circo plenario, semella que a corporación muxiá está intentando volver á normalidade, ao diálogo. A semana pasada celebrábase unha Comisión entre o alcalde, o socialista Iago Toba, cos voceiros de PP, dos non adscritos e do BNG.

Foi o propio BNG o que presentaba unha proposta para sacar adiante este Plan de Obras e Servizos da Deputación (redactado unilateralmente polo goberno en minoría do PSOE), con varias condicións: que se negocie o POS Adicional, así como o resto de POS da lexislatura, e que se rebaixe o ton da oposición.

PP e os non adscritos aceptaron a proposta, polo que o pleno deste luns (había 10 días de prazo) servirá para pechar este apartado, salvar o medio millón de euros deste POS e comezar unha nova etapa.

Así o consideran Monica Vilela e Manuel Caramés, voceira e edil dos non adscritos, que se ben lamenta que non se puideran engadir propostas ao actual POS (a pesar de que a convocatoria para a Comisión si que engadía o apartado “suxerencias”), agradece o “diálogo” vivido na reunión. “Xa vai tempo que facía falta que se puidese falar”, recoñecen. “É bo para o Concello, é bo para nós, que tamén somos veciños”. Aínda non ratificaron o seu apoio á moción, pero case con seguridade que non se oporán.

A voceira do PP Sandra Vilela, pola súa parte, valora positivamente o acordo e a rebaixa do ton cara a oposición, “que se deixe de insultar, que se deixe de atacar persoalmente”. Pide, ante todo, que se traballe con “lealdade”, “unha palabra clave que saíu varias veces na comisión”. “Estamos contentos, a pesar de que non era o POS para Muxía, pero aí queda patente a nosa idea de negociar”.

En breve sae outro Plan da Deputación, así que pronto saberemos que este cambio de actitude é real.

Novas relacionadas

Comentarios