Muxía volve encherse cos versos de López Abente

09:01 19/07/13

A Fundación Gonzalo López Abente continúa coa celebracion o 50 aniversario da morte do poeta, que aconteceu en Muxía o 23 de xullo de 1963. O pasado sábado a vila xa vivía a emotiva primeira parte dos actos, e e este próximo sábado, día 20, terá lugar o seguinte programa de actos:
- Ás 19:45 h: Ofrenda floral no Camposanto.
- Ás 20:30 h, no Salón de Actos do Voluntariado:
- Acto central que principiará coa actuación de As Pandereteiras de Muxía, interpretando "Romaxe de Nosa Señora da Barca", texto de F. García Lorca que fai alusión á paisaxe galega. E por outra banda interpretaremos "Muxía", unha escolma de cantos populares do noso concello que fan referencia á Virxe, ás xentes e aos costumes muxiás.
- A continuación presentación do volume da Poesía Completa de Gonzalo López Abente. Editada por Espiral Maiore a Fundación Gonzalo López Abente e edición ao coidado de Miro Villar. Coa participación de Felix Porto (Alcalde de Muxía e Presidente da Fundación), X. H. Rivadulla Corcón (Vicepresidente da Fundación), Miguel Anxo Fernán Vello (Director de Edicións Espiral Maior) e Miro Villar (responsable da edición).
- Entrega do I Premio de Poesía Gonzalo López Abente, a Daniel Salgado polo seu libro “Dos días sombrizos (Diario)”. Coa participación de Felix Porto (Alcalde de Muxía e Presidente da Fundación), Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia), Manuel Bragado (Director de Edicións Xerais, editora do libro premiado) e Marilar Aleixandre (Membro do xurado do premio). Neste acto farase entrega ao gañador da escultura de Viki Rivadulla, feita para conmemorar este Premio de poesía.
- E como remate da velada estrea da peza musical “A pedra da Barca”, composta por Charo Vazquez Freire, directora da Coral Polifónica Virxe da Barca, que interpretará a peza, ademais da titulada “Muxía é unha serea”, con música e letra tamén de Charo Vazquez Freire.Novas relacionadas
- Homenaxeando ao poeta dende “O meu mar”.
- A Fundación López Abente celebrará o 50 aniversario do pasamento do poeta muxián.
- Laxe abre o VII certame de poesía Antón Zapata.
- Os versos eróticos xa voan cara as Illas Sisargas.
- Daniel Salgado leva o compromiso aos versos gañadores do I Premio de Poesía López Abente.
- Muxía e QPC bótanse a durmir cos contos normalizadores.
- Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar.
- López Abente xa ten a súa partitura.
- A Fundación López Abente segue dando pasos na recuperación da obra do poeta muxián.
- Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa.
- En marcha a obra completa de López Abente.
- Fin de semana Abentina, peregrina e literaria en Muxía.
- Muxía recupera a prosa salgada de López Abente.
- A Fundación López Abente presenta a súa web.
Fonte