A Real Liga Naval Española celebrará en Muxía a súa cea anual
A Real Liga Naval Española vén de escoller a Costa da Morte para celebrar a súa cea anual de inverno, concretamente o Parador Nacional de Muxía. Todas as delegacións españolas reuniranse alí o sábado 18 de novembro, a partir das 20:30 horas.
No encontro a RLNE entregará dúas únicas medallas de ouro a dúas personalidades galegas, á exconselleira de Pesca e deputada nacional Rosa Quintana e ao sarxento primeiro da Garda Civil Marcos Martínez, que estaba destinado en Caión.
No acto estarán presentes o presidente nacional da RLNE Juan Díaz-Cano, o delegado comarcal de Galicia José Manuel Pato e o delegado provincial na Costa da Morte-A Coruña, Rafael Lema, ademais do presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e o presidente dos empresarios galegos.
O RLNE naceu en 1900 por iniciativa do ex presidente do Goberno, don Antonio Maura, para a recuperación da tradición naval española tras a guerra de Cuba. "É a primeira ONG española, anterior ás nacidas nos anos 50 e integran persoas e entidades das catro armadas: mercante, militar, deportiva e pesqueira", explica Xosé Manuel Pato. Os programas navais do reinado de Alfonso náutica
Os interesados poden inscribirse no teléfono 655.484.404 ata o día 12.
Homenaxe ao Serpent
Aproveita a entidade para lembrar que non fai faltar este 10 de novembro a homenaxe que leva facendo dende 2003 aos náufragos do HMS Serpent. Desta volta, a RLNE organiza unha exposición na Casa do Barómetro de Camariñas.