Venres. 29.03.2024
El tiempo

Doblete galego para Paula Esteiro e Damián Espasandín para preparar o Mundial de Londres

Paula Esteiro e Damian Espasandin campions galegos de Carreiras de Obstaculos 2
Paula Esteiro e Damián Espasandín, campions galegos de Carreiras de Obstáculos
Doblete galego para Paula Esteiro e Damián Espasandín para preparar o Mundial de Londres

Campeóns Galegos en Categoría Élite, con doblete de Liga e Copa. Paula Esteiro e Damián Espasandín seguen demostrando o seu poderío en Galicia nas probas OCR de Carreiras de Obstáculos, tras vencer a última proba da Liga Galega. Unha liga que valora os 4 mellores resultados das 7 probas, ás que os costeiros só puideron ir a 6 pois unha coincidía co Cross de Obstáculos de Dumbría. Pero os resultados falan por si mesmos: A camariñá venceu 6 de 6; o vimiancés sumou 4 vitorias, un terceiro e un cuarto posto.

Realmente xa levaban varias semanas sendo virtualmente campións pero esperaron ata esta semana para celebralo.

”Contentos e satisfeitos despois de ver materializado tanto traballo e sobre todo por poder seguir traendo títulos os nosos pueblos”, reflexiona Damián.

Damian Espasandin e Paula Esteiro Campion Galegos de Carreiras de Obstaculos 2019 copia

Camiño do Mundial

Sen tempo a disfrutar, marchan xa para Londres, para disputar o Mundial OCR. Fano despois de vencer a Farinato Race do ano pasado, polo os dous son os embaixadores españois no Mundial.
Paula corre o venres 3K e o sábado 15K, e Damián céntrase na proba 15K do sábado. Ambos participan na máxima categoría, Elite, e esperan estar moi arriba.

Ata o 7 de decembro, cando remate a temporada, aínda lles quedan varias probas da Liga Nacional, o Campionato Nacional en novembro, ademais da Liga Farinato, tamén moi importante para eles. E mentres xa están mantendo reunións con patrocinadores, tanto para o club ConcoBox como a nivel individual, fundamentais para poder afrontar todas estas probas nacionais e internacionais.

Por iso non queren deixar de agradecer as colaboracións dos @shop4fit.es, Clínica Dental Baldomar, OE+, Hotel Rey Silo, Casa Sabina, Restaurante Valentín, o Concello de Dumbría e ao propio DaFIT.

Paula Esteiro Campiona Galega OCRDamian Espandin PCR Campion Galego

Novas relacionadas

Comentarios