Abellariza lembra o Prestige cunha Andaina Solidaria pola Palma
11:40 18/11/21
18 anos despois do desastre do Prestige e lembrando que acudiu a Galicia xente de todas partes para prestar axuda desinteresada, dende a Asociación Abellariza quen poñer o seu graíño de aréa organizando unha andaina e donando a recadación íntegra da mesma as ONGs que traballan directamente coa xente máis necesitada de La Palma e que está a sufrir os efectos do volcán.
A cita é o vindeiro domingo 28 de novembro, con saída ás 9:00h da praza do Recheo de Ponteceso, facendo a ruta ata Corme.
O recadado (a inscrición son 10€ e inclúe seguro e unha camiseta térmica) irá para as entidades sociais de La Palma. Podes colaborar anotándote nesta ligazón.
NOVAS sobre a marea de solidariedade con La Palma dende a Costa
- O Festival Isla Bonita de Malpica recaudou máis de 2.000 euros para axudar ás asociacións animalistas da illa de La Palma.
- Lamentan os problemas para enviar 2.000kg de axuda humanitaria a La Palma.
- Coristanco tamén abre unha vía de envío de axuda económica a La Palma.
- Corme lidera e Carballo coordina a onda de solidariedade da Costa da Morte para La Palma
- Protección Civil de Carballo coordina a axuda de material máis necesario para La Palma.
- Concello e Asociación Salitre organizan un concerto solidario para recadar fondos para os animais desprazados de La Palma.
- A Costa da Morte comeza a remover as cinzas do Prestige para axudar a La Palma.