Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Martín Varela prepara o seu festón cos deberes feitos en Cambre

Martín Varela prepara o seu festón cos deberes feitos en Cambre
Martín Varela foi finalista no Open da Coruña 2013

Precisamente hoxe Corme enteiro se volca con Martín Varela cunha gran festa verbeneira, que servirá para recadar fondos para que o cormelán poida disputar todas as probas internacionais posibles. E de feito, o vindeiro sábado Martín Varela inicia viaxe xunto á Selección Española para participar na Copa do Mundo 2013.

Pero o integrante da Asociación Deportiva Vidú, volveu cos deberes feitos, despois de competir esta fin de semana en casa, nunha nova edición do Open da Coruña, celebrado na Escola de Tenis Marineda. Este torneo era especial para o cormelán por celebrarse no club no que adestra desde que comezou a practicar tenis en cadeira.

O cormelán valorou como moi positiva a súa participación xa que alcanzou as dúas finais do torneo. Formando parella co aresano Álvaro Illobre proclamáronse campións do cadro de dobres e no cadro individual xogou a final ante o inglés David Philipson (nº 17 do ránking internacional).

Tamén coa Selección arxentina

O torneo finalizou o domingo e o luns a primeira hora Varela colleu un avión rumbo a Barcelona para realizar unha concentración de tres coa selección arxentina. O adestrador arxentino invitou a Martín a participar desta concentración que lle serve para prepararse para a Copa do Mundo que se celbrará a próxima semana en Turquía.

Paso a paso no Torneo de Cambre

En canto ao torneo cabo destacar que o sorteo deparó unha primeira rolda de infarto, pois dous dos favoritos para chegar á final tiveron que xogarlla nada máis comezar o torneo. Martín Varela e Álvaro Illobre disputaron os oitavos de final o xoves. Sorprendeu o resultado final pois Varela venceu por un claro 6/1 e 6/2. Illobre non tivo o seu día mentres que Varela realizou un gran partido. Xa en cuartos o cormelán xogou ante José Coroado ao que superou por 7/5 e 6/1. Coroado púxollo difícil a Varela no primeiro set pero no segundo o cormelán non deu tregua para gañar o partido. En semis Varela xogou ante o riojano Juanjo Rodríguez ao que superou por 6/1 e 6/0. Desta forma o cormelán alcanzaba o obxectivo marcado para este torneo, que era xogar a final ante o seu público. O adversario foi todo un nº 17 do ránking internacional, o inglés David Philipson. Viuse un gran partido de tenis en cadeira na mañá do domingo na Escola de Tenis Marinda. Ambos xogadores exhibiron bos golpes pero a vitoria caeu ao lado do inglés por 6/4 e 6/3.

En canto á competición de dobres non defraudou en absoluto pois a final deixounos ver o presente e o futuro do tenis galego. O presente representado pola parella Varela - Illobre e o futuro representado pola moza parella formada por Martín Da Ponte e Félix García. Estes mozos representarán a España na categoría Junior do Campionato do Mundo. De momento o presente segue mandando e venceu na final por 6/2 e 6/4.

Martin Varela - Alvaro Illobre Campeones Dobles Coruna 2013

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios