Os trasnos fan Costa da Morte de marca en marca
Sen inventos, con moita humildade, alegría, traballo en equipo, implicación e de xeito anónimo. Os trasnos seguen facendo Costa da Morte. Este pasado domingo 16 de marzo realizaban a 2ª etapa da 3ª edición do Camiño dos Faros, e batiron marcas facendo que 545 trasnos coñecesen o litoral entre Niñóns e Ponteceso. Así, se na 1ª etapa xa se facían escoitar con máis de 425 camiñantes, a marea verde pistacho invadíu se cadra máis a bisbarra. Unha xornada que ademais abríu a porta a que estas saídas sirvan tamén para recoller lixo das praias, todo un exemplo de vontade e respecto pola natureza.
O percorrido incluía paradas tan simbólicas como a que abría a fin de semana, coa visita ao Museo do Xoguete (MELGA) de Ponteceso onde os trasnos puideron falar co mesmo Ricardo Verdes; a dos Petroglifos do Promontorio de Corme; a recollida de lixo da praia da Hermida; ou a do Faro Roncudo, onde os trasnos puideron escoitar as verbas domítico Suso Lista, percebeiro e actor que coa súa simpatía se gañou o respecto do máis de medio millar de transos.
O Camiño dos Faros contado polos trasnos
E son os propios protagonstas os que nos contan pola rede o ben que o pasaron. A través dunha rede que precisamente serve de altofalante dun proxecto tan fermoso como o é o litoral costeiro.
"O día mostrábase espléndido, boa temperatura, sol, o mar espectacular, disfrutamos, sufrimos e rematamos o día soamente pensando e volver dentro de quince dias", cóntanos María Dores.
"O día abríase espléndido e xa se perfilaban as primeiras furnas. O contador analóxico de transos contábaos por centos. A roupa comezaba a sobrar e aparecian as primeiras cremas de sol, aparecendo tamén as primeiras ensenadas. Parada de avituallamiento para avanzar ao Roncudo, viraventos, hórreos, rochas, toxos, cantís intimidantes e traizoeiros, pero levadeiros. Tras algún percance con lesión chegamos ao faro de Roncudo, sitio percebeiro por excelencia. O mar amansa na ría de corme co seu excelente porto marinero. A praia da Hermida aparecía chea de plásticos que apilamos en cheas. Pasamos por Monte Facho onde o sol nos brindou un apoteósico solpor entre a praia de Valarés e a praia de Barra. A lúa tamén saía reflexada na ensenada da Insua antes de probar a paella que xa se terminaba", cóntanos fermosamente Eugenio Baeza.
"Foi unha camiñada espléndida. Cando tiñamos que ir en ringleira (houbo moitos tramos), aproveitei a miúdo, contemplar a paisaxe que deixamos atrás. Grazas ao faro de Nariga, disfrutei dunha boa orientación, case sempre estaba á vista. Lamentei de non ver a moitas persoas que coñecín en camiñadas anteriores e que estaban entre nós, pero eramos demasiados trasnos. Aprendín que teño que cambiar a estratexia para cambialo, cousa que aplicarei na próxima ruta. Teño que confesar que rematei molida, era unha etapa dura pero valía a pena", apunta Veronika Raatze.
"Unha ruta preciosa e uns trasnos fabuuuulosos que, como valentes percebeiros, baixaron polos riscos do roncudo levando a unha trasna ata a meeeta. O mellor, sen dúbida, do día foi a marea de cor e de xente boa que pasou por ela", cóntanos Rosalía Ajamil.
Máis información
- O Camiño dos Faros estrea nova web.
- caminodosfaros.com.
- O Camiño dos Faros no Facebook.
- Recunchos da Costa.
Novas relacionadas
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros.
- Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros.
- A Costa da Morte segue lonxe dos primeiros destinos de Galicia.
- A FITUR coñece unha ducia de Costas da Morte.
- Presentado o ente turístico que xestionará o xeodestino Costa da Morte.
- Costa da Morte, unha das zonas máis virxes de España.
O Camiño dos Faros por etapas
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).