Papaventos contra os Viraventos dende Candelago

10:54 28/10/21
A Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras e ADECOM, organizan este sábado 30 de outubro ás 16.00h, na famosa aldea de Candelgo (Corme), unha concentración pola paralización de novos parques eólicos e a solicitude dun novo modelo eólico e enerxético.
O acto ten unha parte lúdica co lema: “Papaventos ou Viraventos”. “Queremos o vento para desfrutar, non queremos o vento para o negocio”, sinalan dende a Plataforma.
Fan un chamamento a toda veciñanza da Costa da Morte para que se mobilice en Candelago, invitando a todo o mundo a levar un Papaventos e facer unha botadura conxunta.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS
- 11 entidades bergantiñás piden a anulación do Complexo Eólico da Costa da Morte.
- INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Outubro 2021: ADEGA leva á Xustiza os parques eólicos que Greenalia quere instalar en Santa Comba e Coristanco.
- Setembro 2021: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.