Restricións Covid: Ponteceso súmase á Laracha e Carballo; Santa Comba sae

Onte recoñecía o Concello de Ponteceso que son 33 os casos activos de covid-19. Hoxe, a pesar de que os casos baixaon a 28, a Xunta vén de anunciar que extende as restricións que xa sofren Carballo e A Laracha ao concello pontecesán.
Deste xeito, non poderá haber reunións de máis de 10 persoas (mesmo no eido familiar, e nos velorios en recintos pechados), prohibición de festas… feiras ao 50% dos postos; 50% de aforo nos establecimentos de hostalería; peche do ocio nocturno; ou celebracións de máximo 100 persoas ao aire libre.
A Xunta mantén as restricións Carballo (que hoxe tiña 85 casos activos, 2 menos que onte) e A Laracha (con 32 casos activos, 3 menos que onte).
O terceiro costeiro que quedaba con limitacións era Santa Comba (que baixou de 36 a 21 casos en 4 días), que dende esta noite queda libre de restricións, debido a que evolución é boa. O levantamento de limitacións tamén será aplicable a Arteixo e algúns barrios da Coruña.
Novas dos últimos gromos
- 08.09.2020: O número de positivos en Ponteceso chega aos 33.
- 04-09-2020: Camariñas confirma dous casos activos de covid19.
- 02-09-2020: Miguel Vieito Villar: Medio pasiño atrás
- 02-09-2020: Novas medidas de restrición para Carballo, A Laracha e Santa Comba
- 01-09-2020: O gromo de Ponteceso aumenta a 17 casos.
- 29-08-2020: Laxe suma 3 positivos por coronavirus e o gromo de Santa Comba segue medrando.
- 27-08-2020: "En Carnota non hai gromo de covid19”.
- 26-08-2020: Confirman 6 novos positivos de coronavirus en Ponteceso:
- 25-08-2020: O gromo de Santa Comba aumenta ata 28 positivos e o Concello pecha todas as instalacións.
- 22-08-2020: Xa son 11 os positivos do gromo de coronavirus de Santa Comba.
- 21-08-2020: Santa Comba confirma 3 novos positivos por coronavirus.
- 20-08-2020: Confirman 5 positivos no Concello de Ponteceso.
- 17-08-2020: As 69 probas PCR vinculadas ao brote do camping de Muros dan negativas:
- 10-08-2020: A empresa cárnica de Baíñas confirma que os 7 casos positivos son asintomáticos e que lle fixo PCRs a todos os traballadores.
- 06-08-2020: Dous positivos por coronavirus obrigan a pechar unha empresa cárnica de Vimianzo.