A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo


Espectacular a Revolta Irmandiña deste XVII Asalto ao Castelo de Vimianzo. A capital de Soneira recibiu máis xente ca nunca este pasado sábado 7 de xullo de 2012, para que o pobo irmandiño volvese recuperar o poder "destruíndo" o Castelo, símbolo da represión da nobreza na época medieval.
Unha festa queda cada ano vai collendo máis forma. As A.X. Cherinkas e A.C. Axvalso continúan situando o Asalto no panorama das festas claves do verán en toda Galicia, e cada ano a festa vai completándose. I é que ademais do festival musical, unha das citas máis importantes da Axenda Sonora da Costa da Morte, e da histórica representación teatral, as actividades do día complementan esta noite singular.
De feito, dende a organización, valoran este coma un dos mellores Asaltos dos últimos tempos.
Pinchos, artesanía e actividades

Mágoa do tempo, ameazante durante toda a tarde e por momentos augando a festa. Así e todo, a praza do Concello, e sobre todo os bares, foron un fervedoiro de xente ao longo do día. Os Pinchos Irmandiños fixeron que os 15 establecementos participantes estiveran cheos durante toda a fin de semana. Non se cabía para probar os tesouros medievais, e mais na caseta da organización para probar unha deliciosa crema de castaña.
Ademais, a praza acollía a II Feira de Artesanía, cuns 25 postos que van creando un costume que se verá refrendada nos vindeiros anos. I é que este ano a chuvia fixo que quedase algo deslucida, e de feito non puido celebrarse un espectáculo de maxia para os máis pequenos que estaba prantexado.

Si que se celebrou a simpática Poxa de Escravos, e máis o Asaltiño, unha pequena e divertida representación da loita irmandiña para os máis pequenos, que a pesar do al tempos disfrutaron coma ananos na batalla de auga. Ala foron, co ariete, para tamén asaltar o Castelo.


Noite de música e teatro
Dez a noite e A Requinta da Laxeira bateu a andar a festa. Música tradicional para ir traendo cara o campo da festa a toda a xente que aínda enchía os bares da vila. Budiño puxo tamén a mestura de tradición e modernidade na que se manexa o panorama musical galego actual.

E chegou a hora cumio, o momento que fai desta festa unha cita ineludible e especial. Pasadas as 0:20h, e co campo da festa cheo ata a bandeira, comezaba un ano máis a representación teatral da revolta irmandiña. Este ano o gasto no equipo de son notouse e por fin a traballadísima obra puido escoitarse, entenderse, por completo.
A trama situaba a dous humildes irmadiños, namorados, como líderes do "Comando Reconstrución". El, Fenix, infiltrábase entre os gardas do Castelo para obter máis información, e para iso facía de amante da Vizcondesa, que depois dun ano de exilio trala Revolta do pasado 2011, voltaba alcólica ás terras soneirás. Inojk, nun ataque de celos, descubría a Fenix e ambos eran apresados polo malvado Arcebispo, o temido Santo das Tebras.


Mentres a lei do Arcebispo enviaba a Fenix engaiolado cara o Castelo, unha "baluro", especie de natureza non humana, liberaba á Inojk, para que esta liderase a Revolta Irmandiña, liberase a Fenix e acabase coa tiranía do Castelo. Aló marchou o pobo irmandiño, armado cos fachos e o simbólico ariete para acabar tiranía.

Coma sempre a escea trasládase a un lugar excepcional. Milleiros de fieis ateigaron o foxo, e mesmo os que non puideron chegar ás primeiras filas puideron velo dende o campeiro de embaixo a través dunha gran pantalla. Así, ninguén perdeu a tradicional e divertidísima batalla de globos de auga entre soldados do Arcebispo e o público xa convertido en pobo irmandiño. E tampouco perderon a loita entre os heroes e o Arcebispo a espadazo limpo.
Entoaron os "Vademecum do pobre! Morte aos nobres! Morte aos caciques" mentres lle estocaban as dúas espadas ao Arcebispo. Soou o tradicional Que entre o ariete!!!, e aló, o equipo da Axvalso, co alcalde vimiancés entre eles, derrubaron a porta do castelo como símbolo da revolta irmandiña e da liberación do pobo soneirán. Lumeeee!!!

A loita final
Recuperamos nun vídeo de Sergio Maroño a loita final entre os heroes irmandiños e o temido Santo das Tebras.
A Pegatina e volve soar a música
Tremendos A Peganita en escena. Ata un bus cheo chegou dende a Festa do Percebe para disfrutar do concertazo destes cataláns. E abofé que o disfrutaron, e a base de baile deixaron sen parada ao público que aínda enchía o campo ad festa.
A chuvía, que deixara campo libre para a revolta, volveu a aparecer, e deslucíu lixeiramente a actuación final dos Sonoro Maxín.
Unha familia de actores

Especial atención podemos prestar este ano á gran familia que forma e crea esta fantástica representación teatral da revolta irmandiña do século XV. Liderados polo armadanzas, Ghillermo, un elenco duns 20 actores, todos amateurs e da casa (ou case), fan que a parte máis importante da festa siga mellorando ano a ano.
Unha obra que xa se empeza a cocer cun ano de antelación, que ten máis dun mes enteiro de ensaios cada fin de semana, e que consegue crear un vínculo entre os actores fantástico. Hai que adicarlle os meirandes parabéns aos Ghillermo, Juan Rama, Alba Mancebo, Viki Pasantes, Ana María González, Damián Espasandín, Juan Miguel Rama, así como aos 11 soldados (e unha lembranza enorme polo 12º) que fan posible esta viaxe no tempo. E de paso, o que escribe quere aproveitar tamén por dar as gracias por ser tan ben acollido.
De aquí nun ano os irmandiños volveremos Asaltar o Casteloooo!!
Máis información
Novas irmandiñas
- Unha viaxe pola historia irmandiña a través do Asalto.
- O Teatro du Cherinkas ponse de cine para promocionar o Asalto.
- Os Irmandiños xa teñen cartel e actores para Asaltar o Castelo.
- O Pleno vimiancés pedirá que Asalto sexa Festa de Interese turístico.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2011: A artesanía irmandiña.
- Asalto 2011: A nova historia do Asalto en vídeo: A Lenda do Aforcado.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Máis novas festivaleiras
- 10 citas festivaleiras para este verán na Costa da Morte.
- 24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
- Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).