Comeza unha semana cultural chea de historia no Vimianzo Irmandiño

O vindeiro 7 de xullo Vimianzo lembrará as revolta irmandiñas na XVII edición do Asalto ao Castelo, organizada polas Asociacións Xuvenís Cherinkas e Axvalso, mais a partir do sábado 30 de xuño o concello artella unha serie de actividades relacionadas coa temática da festa.
A historia do Castelo
Antes de asaltar o castelo coñezamos a súa historia. E fagámolo da man de quen hai anos se encargou da súa musealización, o historiador e antropólogo Manuel Vilar Álvarez, especializado en xestión de bens culturais e patrimonio. Manolo Vilar realizará unha visita guiada ao castelo máis non será só un percorrido pola edificación medieval senón un percorrido pola historia da fortaleza, un percorrido pola nosa historia a través das Torres de Martelo. Será ás 19:00h horas.
O Castelo de Vimianzo ou Torres de Martelo, a quen deben este nome? O marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro, Evaristo Martelo Paumán del Nero, foi o dono desta fortaleza medieval e nela pasaba longas tempadas estivais. Intelectual e literato coetáneo e amigo de Pondal e Rosalía, foi membro da Cova Céltica e da Real Academia Galega, foi un persoeiro que realizou un gran labor a prol da lingua galega e mesmo tivo moito que ver no pensamento e sentimento galeguista de castelao, de quen era padriño. Un persoeiro pouco coñecido e recoñecido para a gran maioría do que nos falará a filóloga e profesora de ensino secundario Laura Suárez Llano, quen no ano 2004 defendeu a tese doutoral, cualificada con sobresaliente cum laude, sobre a poesía galega de Evaristo Martelo. A cita é ás 20 horas na Casa da Cultura.
Cita para os pequenos

Os máis pequenos tamén terán a súa programación na semana do asalto, con obradoiros medievias de elaboración de espadas, escudos, medallóns, etc. o luns, martes e xoves; o mércores animación infantil con Polo correo do vento presentará o espectáculo Martiño o carteiro porquiño chega ao castelo de Vimianzo na biblioteca municipal ás 11 da mañá e a continuación poderán participar no taller de barro “O Castelo”, que comezará ás 12 horas.
Máis información
- Máis info: Programa Completo do Asalto ao Castelo 2012.
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
Novas irmandiñas
- Unha viaxe pola historia irmandiña a través do Asalto.
- O Teatro du Cherinkas ponse de cine para promocionar o Asalto.
- A Axenda Sonora xa resoa na Costa da Morte.
- Os Irmandiños xa teñen cartel e actores para Asaltar o Castelo.
- O Pleno vimiancés pedirá que Asalto sexa Festa de Interese turístico.
- Unha Gala-Casting para escoller aos Irmandiños que asaltarán o Castelo.
- Os Irmandiños comezan a preparar o Asalto ao Castelo 2012.
- Os colaboradores de QPC tomaron a palabra coa participación da Cherinkas.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2011: A artesanía irmandiña.
- Asalto 2011: A nova historia do Asalto en vídeo: A Lenda do Aforcado.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Máis novas festivaleiras
- 24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
- Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).