O Concello de Vimianzo lembra que o PE Monte Chan “non está autorizado”
Presentaba o grupo de Adiante Vimianzo unha moción no pleno do pasado venres, na que solicitaba a rotunda oposición dos grupos municipais ao Parque Eólico Monte Chan, pola súa directa afectación aos Penedos de Traba e Pasarela. O pleno aprobaba a moción por unanimidade por todos os grupos, a pesar do cal houbo discrepancias.
A alcaldesa Mónica Rodríguez quixo destacar que o proxecto do parque eólico de Monte Chan, “que non está autorizado e co que parte da oposición, en concreto Adiante Vimianzo, creou un alarmismo colectivo de primeiras innecesario. Pola contra, para Adiante Vimianzo, a intervención da rexedora “parecía defender máis á empresa promotora que aos Penedos, véndose obrigada a votar favorablemente debido á presión social que non entendería o contrario”.
“Loitaremos ata onde faga falta para que estes aeroxeneradores, que nun principio constan en terreo protexido, non sexan autorizados e creo que é un sentir común a todo Vimianzo”, declaraba a alcaldesa, mentres que Antelo lamenta que “a intervención chea de falacias, por parte da alcaldesa, e de referenzas a temas que nada tiñan que ver co asunto da moción, que conseguiron empañar o que foi un acordo unánime da corporación”.
Queda enriba da mesa a moción presentada sobre o PE de Berdoias, que segundo o grupo de goberno será debatida no seguinte pleno.
Outros puntos
Na sesión tratáronse outros puntos, a ter en conta a aprobación da prórroga do contrato administrativo para a xestión dos servizos públicos municipais da vivenda comunitaria, comedor e lavandería sobre rodas, escola municipal infantil e centro de día. “Entendemos que os servizos son satisfactorios e nun futuro haberá que pensar na licitación duns servizos tan importantes para o noso concello”, destacan desde o goberno local.
Tamén se aprobou unha modificación de crédito por un total de 749.689,08 euros, que irán destinados, entre outros capítulos, ás axudas de hostalería; o proxecto de renovación das luminarias exteriores de todo o termo municipal e á reforma do ximnasio.
Indemnización
Por outra banda, o PSOE vén de denunciar que o concello ten que afrontar unha indemnización de 40.000 euros por “un despido improcedente” provocado pola “nefasta xestión de Manuel Antelo”. Trátase do asunto da normalizadora lingüística, que para pechalo o pleno tivo que aprobar unha modificación de crédito por esa cantidade.
Renovación de luminarias
O Concello dá un paso, coa aprobación no pleno da modificación de crédito máis para executar o proxecto de renovación das instalacións de alumeado exterior por 2,3 millóns de euros. O proxecto que ascende a 2,3 millóns de euros, grazas á subvención do 80% acordada co Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE). Conseguirase, coa renovación de máis de 4.010 puntos de luzo nos 133 lugares do concello, así un aforro de máis do 50% para as arcas municipais no que respecta á facturación deste servizo, implementándose a tecnoloxía LED, máis eficiente e con menor impacto ambiental.
Novas sobre Os Penedos
- Febreiro 2021: Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- Febreiro 2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- Febreiro 2021: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- Febreiro 2021: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida.