Decorar as casas ó xeito do medievo terá premio en Vimianzo no II Concurso de Fachadas


Este sábado 31 de maio terá lugar a Gala - Casting de presentación oficial do #Asalto14. Pero mentres, a organización, comandada polos colectivos Cherinkas e Axvalso, xa está en pleno lío. Armando a Cea Medieval (que xa case ten todas as prazas cubertas para a cea do 4 de xullo e o prazo para reservala remata este domingo), preparando a Feira de Artesanía, a representación teatral (que este ano vén con moitas novidades que coñeceremos na Gala) e tamén, o Concurso de Fachadas, que este ano vén coa 2ª edición.
I é que o Asalto non sería o mesmo sen o traballo de ducias de persoas que poñen o seu gran de area para que na vila se respire historia por todos os recunchos. Por iso, haberá premio a aquel que mellor engalane o seu edificio. O primeiro premio levará un vale de compra por valor de 50€, o segundo un menú medieval Do Mar á Terra para dúas persoas, e o terceiro outro tanto, pero menú castrexo. A decisión do xurado farase pública durante o propio sábado 5 de Xullo, ás 19h na Praza do Concello.
Todo aquel que desexe participar deberá inscribirse enviando un correo a festa@asaltoaocastelo.org no que deben constar: nome e apelidos do concursante, teléfono e enderezo exacto da fachada (ou piso) coa que participa. Os únicos que quedan excluídos de participaren son os locais dos Pinchos Irmandiños. O prazo para presentarse ao concurso remata o mércores 2 de xullo.
Gala-casting
Xa falta menos para desvelar todos os detalles do XIX Asalto ao Castelo. Este sábado celébrase a Gala-Casting no Auditorio de Vimianzo ás 20.30h. Nela revelarase o cartel, concertos e as novidades preparadas para este 2014.
Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- 2014: Kepa Junkera e Susana Seivane, cabezas do cartel do XIX Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- 2014: Xa arrecende a Cea Medieval no Castelo de Vimianzo.
- Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo.
- 2014: Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2013: Os mellores Pinchos Irmandiños xa teñen premio.
- Asalto 2013: O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Axenda Sonora
- Fermaz Festival: É hora de que Mazaricos cambie.
- Los Enemigos volverán a Malpica polo Nordestazo Rock 2014.
- O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data.
- Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés.
- Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).